CULTURA
América Latina será a protagonista da XVI edición do Festival Internacional de Títeres
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e o director do festival, Jorge Rey, presentaron no Concello a XVI edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques, que se celebra na cidade do 1 ao 9 de outubro, tendo como protagonista a América Latina.
MERCADOS
A Feira Medieval enche a cidade histórica de espectáculos de rúa e artesanía
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, visitou a Feira Medieval, que se celebra do venres 30 de setembro ao domingo 2 de outubro en praza e rúas da Cidade Histórica. Os principais atractivos do evento son os espectáculos de rúa, incluídos espectáculos nocturnos onde o lume é o protagonista. Tamén hai múltiples obradoiros de oficios e diferentes exposicións temáticas.
ALCALDÍA
Conxo contará no verán de 2012 cun campo de fútbol de herba artificial
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, reuníronse en Raxoi co secretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete. Deste encontro saíu o compromiso da Xunta de colaborar no financiamento do futuro campo de fútbol de herba artificial de Conxo e na busca dos recursos para un complexo acuático en Santa Marta.
INFRAESTRUTURAS
Exponse ao público durante o mes de outubro o proxecto da variante de Aradas
O Diario Oficial de Galicia publicou unha resolución pola que se somete a información pública o proxecto de trazado e impacto ambiental da variante de Aradas, en Santiago de Compostela. Deste xeito, as persoas interesadas poderán coñecer o expediente aprobado inicialmente e realizar as alegacións que estimen oportunas. O período de información pública será de 30 días hábiles, polo que as consultas poden realizarse durante todo o mes de outubro.
ALCALDÍA
Visita á renovada rúa do Home Santo
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visitou a rúa do Home Santo, unha vez rematadas as obras de reurbanización, nas que se investiron 1.357.012 euros.
ALCALDÍA
Conde Roa di que a decisión sobre o mercado de gando se adoptará unha vez se teñan todos os datos e propostas enriba da mesa
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Mercados Reyes Leis, reuníronse cos representantes dos gandeiros, encabezados polos presidentes das asociacións AGEGA, Enrique Otero, e ASTRAGAL, Jorge Vázquez. No encontro falaron do futuro do mercado de gando de Amio.
LIMPEZA VIARIA
Campaña de concienciación para fomentar a reciclaxe de vidro en Santiago de Compostela
O Concello de Santiago colabora coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Ecovidrio, na posta en marcha dunha campaña de sensibilización cidadá para fomentar a reciclaxe de vidro.
ALCALDÍA
O alcalde aposta por destinos aéreos "permanentes, estables e constantes"
Pouco antes de presentar en rolda de prensa a programación de Air Berlin da nova temporada, o seu director xeral en España, Álvaro Middelmann, reuniuse en Raxoi co alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa e coa concelleira de Turismo, Reyes Leis.
EDUCACIÓN
O novo Nadalxogo celebrarase en tres colexios e facilitará a conciliación
Os CEIP Pío XII, Ramón Cabanillas e As Fontiñas acollerán unha nova edición de Nadalxogo, que cambia o seu formato a petición das ANPAS e co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar. Celebrarase os días non festivos comprendidos entre o 23 de decembro e o 4 de xaneiro, en horario de 7:45 a 15:30 horas, incluíndo o servizo de comedor.
PLENO
O Pleno aproba o outorgamento do nome dunha rúa a Manuel Fraga
Na sesión ordinaria de setembro do Pleno da Corporación, aprobouse o outorgamento don nome dunha vía da cidade a Manuel Fraga Iribarne. Entre outros asuntos, tamén se deu o visto bo á modificación da taxa pola apertura de establecementos e ao calendario de festas locais para o ano 2012.