ALCALDÍA
Nova fórmula con aprazamento do pago nos concursos para a adquisición de terreos destinados a vivenda protexida
A Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) porá en marcha na primeira quincena de marzo unha nova fórmula no concurso para adquisición de varios lotes de terreos destinados á construción dunhas 600 vivendas protexidas. Así o anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen resaltou que esta medida pretende facilitar a compra destes solares en tempos nos que as empresas teñen dificultades para acceder ao crédito.
ALCALDÍA
O Concello pon en marcha un Plan de Difusión Exterior de Compostela 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, explicou as liñas básicas do Plan de Difusión Exterior de Compostela 2010, no que o Concello vén traballando dende hai tempo e que se concretará nas vindeiras semanas. Segundo indicou, este é un programa que "nace dende o compromiso e a responsabilidade política deste Concello para potenciar e acelerar a difusión e promoción de Santiago e de Galicia en beneficio de todos os galegos".
SEGURIDADE CIDADÁ
Péchanse as instalacións deportivas e centros socioculturais por mor do temporal
O Concello emitiu unha serie de avisos en atención ás recomendacións emitidas polos organismos competentes relativas ás precaucións que se deben adoptar ante a previsión dunha intensa borrasca con nivel de alerta vermella que afectará a Galicia entre as 17:00 horas do sábado 27 e as 4.00 h do domingo 28.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Recepción á directiva do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, recibiu en Raxoi a unha representación da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, encabezada polo seu decano, Xosé Manuel Pereiro.
ALCALDÍA
Inaugurado o novo centro sociocultural de Pelamios, na rúa Vista Alegre
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inauguraron o novo centro sociocultural de Pelamios, situado na rúa Vista Alegre, 9-11.
ALCALDÍA
A reurbanización de Rosalía de Castro daralle harmonía e un tratamento integral a un tramo de 1.600 metros
Da reurbanización dos accesos á cidade vaise beneficiar tamén a rúa Rosalía de Castro, no tramo dende Romero Donallo ata Volta do Castro. O 18 de marzo está previsto que comecen as obras neste vieiro, presupostadas en 3.973.000 euros, co obxectivo de que poidan estar rematadas a finais de 2010 ou principios do 2011.
BENESTAR SOCIAL
O grupo de traballo en rede de Conxo – Milladoiro organiza a primeira das charlas sobre a familia como axente de socialización
O grupo de encontro de educadores/as Conxo - Milladoiro inicia unha serie de charlas café, dirixida a nais, pais, profesorado e educadores/as baixo a idea da importancia que ten a familia como axente de socialización. A primeira destas charlas terá lugar mañá venres, ás 18:00 horas, na Casa das Asociacións de Cornes (rúa Manuel Beiras, 3).
MEDIO AMBIENTE
Nace o novo espazo web da Concellería de Medio Ambiente
"Unha páxina que nace con vontade de informar e formar, mais tamén con vontade de medrar e enriquecerse, para un mellor coñecemento e interpretación ambiental de Compostela e para un maior compromiso ambiental da cidadanía". Con estas palabras, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, presentou a nova páxina web www.compostelaviva.org. Durante a súa intervención estivo acompañada de María Fernández, da empresa Dimensiona, que foi a...
TURISMO
Santiago consolídase como capital gastronómica do arco atlántico
"O Fórum Gastronómico Santiago 2010, As Cociñas do Atlántico, é o mellor exemplo do modelo de colaboración entres as diferentes administracións públicas e o sector privado para conseguir obxectivos ambiciosos que posicionen a Santiago e Galicia como destinos turísticos de dimensión internacional", dixo o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, na rolda de prensa de valoración do Fórum Gastronómico, na que estivo acompañado de Pep...
PLENO
Rúas na cidade para Agustín Sixto Seco e José Luis Sánchez-Agustino
O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade a proposta do alcalde de darlle a dúas rúas da cidade os nomes de Agustín Sixto Seco e José Luis Sánchez-Agustino López.