ALCALDÍA
O acceso á Catedral realizarase unicamente pola praza de Praterías
O xoves 1 de abril será o primeiro de ensaio xeral das medidas postas en marcha para facilitar o acceso á Catedral durante o Ano Santo. Será o momento de comprobar o funcionamento do control de aforo, da prohibición da entrada de mochilas ou da circulación de persoas dentro do recinto relixioso.
DEPORTES
Santiago acolle unha competición clasificatoria para o Campionato de España de Hóckey a Patíns na categoría junior
O pavillón polideportivo de Vite acollerá os días 2,3 e 4 de abril a fase sector norte júnior de hóckey a patín, clasificatoria para o Campionato de España. Seis equipos de Galicia e Asturias loitarán por este campionato, no que a entrada será libre.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes no Torneo Cidade de Santiago de Fútbol Base
A Fundación Compostela Deporte organiza o mércores día 31 de marzo, no estadio de San Lázaro, o I Torneo Internacional Cidade de Santiago de Fútbol Base. No Torneo participarán FC Barcelona, SC Braga e a Selección de Santiago de categoría xuvenil.
COMERCIO
Aberto o prazo de inscrición na edición de primavera do VII Concurso de Escaparatismo
Os comercios de Santiago de Compostela xa poden apuntarse na edición de primavera do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O 12 de abril finaliza o prazo para inscribirse no certame, enmarcado no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán e cofinanciado pola Deputación da Coruña.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Vinte e nove propostas musicais concorreron á nova edición de "Revelando Voces"
Un total de 29 propostas musicais de grupos compostelás concorreron ao programa Revelando Voces, promovido pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais. Este ano é a primeira vez que se realiza a convocatoria en réxime aberto.
TURISMO
O Consello de Administración de Incolsa aproba a formulación das contas do ano 2009
O Consello de Administración de Incolsa aprobou a formulación das contas relativas ao ano 2009. As contas reflicten a situación económica da empresa a 31 de decembro de 2009. Nesta data, Incolsa tiña unha conta de resultados negativa de 484.536 euros, debido a que gran parte dos seus ingresos proceden de convenios asinados con entidades públicas, que aínda non foran ingresados a 31 de decembro, toda vez que a Lei de subvencións fai que antes de recibir os correspondentes ingresos, se teñan que pagar as facturas por parte de...
MEDIO AMBIENTE
Adxudicada a última fase do proxecto de saneamento da conca do Aríns
A Xunta de Goberno adxudicou as obras da terceira e última fase da rede de colectores da conca do río Aríns. Un investimento de 150.000 euros permitirá completar a rede con 900 metros de colectores secundarios.
SERVIZOS
O Concello reforza o servizo de limpeza diaria durante o Ano Xacobeo
Do 1 de abril ao 8 de novembro reforzarase o servizo de limpeza diaria da cidade para atender o incremento de visitantes neste período. Así se acordou na Xunta de Goberno, de tal xeito que a empresa concesionaria, Urbaser, operará nestes meses centrais do Ano Santo con dúas brigadas máis.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba novas contratacións no marco do FES 2010 e do Urbana Santiago Norte
Entre outros acordos, a Xunta de Goberno procedeu ao inicio de varios procesos de contratación en actuacións incluídas no Programa Urbana Santiago Norte e no Fondo Estatal para a Sostibilidade Local e. Trátase, respectivamente, do novo centro sociocultural do Romaño e do servizo de acceso WIFI en diferentes espazos públicos.
CONSORCIO
O Consorcio publica o mellor estudo da obra do arquitecto Fernando de Casas en Santiago
A tese sobre a obra arquitectónica de Fernando de Casas en Compostela coa que Alberto Fernández doutorouse pola Universidade de Santiago é o xerme do libro que presentaron o Consorcio de Santiago e Nigratrea. Fernando de Casas. Arquitecto en Compostela é o principal estudo escrito ata agora sobre a actividade artística deste xenial arquitecto na cidade de Santiago, onde desenvolveu o groso da súa obra.