ALCALDÍA

Denominación para doce novas rúas en tres áreas residenciais

30/04/2010

O alcalde compostelán anunciou que na Xunta de Goberno do 4 de maio se aprobará a denominación para doce novas rúas nos polígonos residenciais de Tras Paxonal (SUNP14), Pontepedriña (SUP-7) e Lamas de Abade (SUNP-12). Entre estes nomes figura o dos tres garda civís nados en Compostela asasinados polo GRAPO, tal como se comprometera Sánchez Bugallo coa Asociación de Vítimas do Terrorismo o 17 de abril.

ALCALDÍA

Visita ao Concello dos participantes no XVIII Congreso de Periodipesca

30/04/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi os participantes no XVIII Congreso de Periodipesca. Este evento reúne en Rodeiro (Pontevedra) a uns cen xornalistas especializados en temas de caza, pesca, natureza, turismo rural e aventura.

ALCALDÍA

O Centro Sociocultural de Laraño amplía as súas instalacións e servizos

30/04/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, inaugurou o remodelado e ampliado Centro Sociocultural de Laraño. Tras un investimento de 400.000 euros, os veciños dispoñen agora de dous novos espazos, unha sala de usos múltiples e unha sala de xuntas.

MOBILIDADE

As enquisas de mobilidade constatan a influencia das novas áreas residenciais

29/04/2010

O concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, presentou os principais resultados das enquisas sobre a mobilidade na área metropolitana de Santiago realizadas pola Sociedade Municipal de Transporte Urbano de Santiago (TUSSA). Entre outros datos, os cuestionarios revelan que os veciños de Santiago e Comarca realizan máis de 385.000 desprazamentos ao día.

Compartir: