FESTAS
O concelleiro de Festas destaca a "masiva participación" de composteláns e turistas nas actividades do Apóstolo
Despois de dezaséis días intensos de actividades, grandes concertos e diversión polas rúas de Compostela, as Festas do Apóstolo 2010 chegan esta ao seu fin. A actuación de Pereza na noite do venres 30 marcou o inicio do fin destas festas. Ante un público aproximado de 3.000 persoas, o grupo madrileño interpretou na Quintana un total de 25 temas ao longo de dúas horas.
ALCALDÍA
O novo campo de fútbol de San Lázaro terá en breve herba artificial
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, asinaron en Raxoi dous convenios de colaboración: un para a montaxe de herba artificial no campo de fútbol de San Lázaro e outro para obras de saneamento e bombeo no lugar de Rochiña (Son de Abaixo).
ALCALDÍA
Peregrinación dos alcaldes das localidades polas que transcorre o Camiño Portugués
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu ao límite entre Santiago e Milladoiro para saudar á peregrinación integrada por alcaldes das localidades polas que transcorre o Camiño Portugués.
EMPREGO
O proxecto Antares distingue coa Vieira ao programa de inserción laboral Persoa IV
O Proxecto Educativo Antares concedeulle a III Vieira Antares ao programa de inserción laboral Persoa IV, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. A distinción recolleuna o responsable de emprego, en nome do concelleiro, Xosé Manuel Iglesias.
FESTAS
O espectáculo de Jean Michel Jarre pechará as festas do Apóstolo
As festas do Apóstolo rematan cos tradicionais fogos na escalinata do campus universitario, que corren a cargo da empresa Pirotecnia Caballer e que ofrecerán un novo espectáculo de luz e son cargado de colorido. A exhibición comezará ás 24:30 horas, unha vez finalice o concerto de Jean Michel Jarre na praza do Obradoiro.
ALCALDÍA
O alcalde, satisfeito coa previsión orzamentaria do Consorcio de Santiago para o período 2011-2013
O Consorcio de Santiago aprobou na súa reunión do 24 de xullo as previsións orzamentarias para os anos 2011, 2012 e 2103. A estas estimacións se referiu o alcalde compostelán en rolda de prensa, expresando a súa satisfacción, malia a minoración dun 5% de media anual.
EDUCACIÓN
O II Encontro Galego de Saxofón reúne na cidade 40 novos talentos
Por segundo ano consecutivo, Santiago de Compostela acolle o Encontro Galego de Saxofón, que xunta, esta vez nas instalacións da Escola Municipal de Música e no Conservatorio Profesional de Santiago, a novos saxofonistas de Galicia e do resto de España.
EDUCACIÓN
A nova Escola Infantil de Tras Parlamento comezará a funcionar en novembro
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou as obras de rehabilitación que se están a levar a cabo no edificio que ata hai un ano ocupaba o Departamento de Servizos Sociais do Concello e que, a partir de novembro, acollerá a Escola Infantil Municipal de Tras Parlamento. Acompañouna Alfonso Penela, o arquitecto responsable do proxecto de rehabilitación.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente subvenciona as plantacións forestais nos montes de Compostela
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou na súa edición do 28 de xullo as Bases para o outorgamento de subvencións para plantacións forestais en montes do Concello de Santiago. Destínanse 8.000 euros para contribuír a sufragar as plantacións forestais por particulares e asociacións realizadas durante o ano 2010.
FESTAS
Pereza ofrece en Santiago o seu único concerto deste verán en Galicia
O dúo madrileño Pereza presenta o venres 30, ás 22:00 horas na praza da Quintana, o seu último traballo discográfico, Aviones. Trátase do seu sexto álbum de estudo da banda cun son máis acústico e toques de folk e country.