BENESTAR SOCIAL
O Concello achega 35.000 euros para o programa de atención primaria que desenvolve Cáritas de Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e Amelia Pereira Menaut, en representanción de Cáritas Diocesana de Santiago, asinaron esta mañá no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega á ONG 35.00 euros para o desenvolvemento do programa de atención primaria.
ALCALDÍA
Os expertos en sexoloxía elixen Santiago para celebrar o seu XI Congreso
Santiago de Compostela acolle desde hoxe e ata o 2 de outubro o XI Congreso Español de Sexoloxía e o V Encontro Iberoamericano de Profesionais da Sexoloxía. Os seus organizadores, como a presidenta da Federación Española de Sociedades de Sexoloxía (FESS), Miren Larrazábal, o presidente do Comité Organizador Local, o doutor Manuel Varela, o presidente do Comité Científico, Miguel Ángel Cueto, e o concelleiro Pedro Zerolo, foron recibidos esta mañá no Pazo de Raxoi polo alcalde compostelán.
CULTURA
Galicreques celebra os seus 15 anos con 20 compañías chegadas de diferentes lugares do mundo
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director do Festival Internacional de Títeres Galicreques, Jorge Rey, presentaron esta mañá a a nova programación deste evento que cumpre xa 15 anos de vida e que nos que trouxo a Compostela máis de 300 compañías provintes de todo o mundo.
PLENO
O pleno aproba a conta xeral de 2009
A concelleira de Facenda explicou a situación con motivo da prórroga orzamentaria, a liquidación do orzamento do 2009, a aprobación do PEF e a aprobación do orzamento para este ano.
URBANISMO
Pistoletazo de saída ao polígono da Pulleira, que se convertirá no Ensanche Norte da cidade con máis de 2.000 vivendas
Un pleno extraordinario que terá lugar mañá venres aprobará de forma definitiva o Plan Parcial que desenvolve o solo da Pulleira, tal e como explicou en rolda de prensa o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.
SEGURIDADE CIDADÁ
A folga xeral desenvolveuse sen incidentes graves na cidade
A Concellería de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá informa que con carácter xeral non se produciron incidentes graves no desenvolvemento da folga durante a madrugada e ata as 12.00 da mañá de hoxe, coa salvedade da queima de contedores do lixo.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Concellería de Normalización Lingüística presenta o seu programa de actividades para o 2011 ao Consello municipal
A concelleira Guadalupe Rodríguez presidiu o Consello municipal de Normalización Lingüística que se celebrou onte na Casa das Asociacións de Cornes.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica achega a metodoloxía coaching ao empresariado a través dun encontro de traballo no marco do XiC 2010
O 30 de setembro expertos en coaching explicarán ao empresariado e representantes de distintas entidades vinculadas ao tecido produtivo compostelá. Esta actividade enmárcase na II Xornada Internacional de Coaching que se celebrará 30 de setembro e o 1 de outubro en Santiago, e na que está aberto o prazo de inscrición.
ALCALDÍA
Nace a web do proxecto Urbana Norte
www.urbanasantiagonorte.org é un instrumento para o fomento da participación veciñal, ao tempo que da a coñecer o proxecto fóra de Santiago
CULTURA
Completa programación didáctica da Concellaría de Cultura, con música clásica, percusión, ópera e teatro
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron hoxe o novo programa didáctico da temporada 2010-2011, que inclúe actuacións para nenos e mozos desde outubro a maio, desde música clásica a teatro, pasando pola ópera e a percusión. Segundo a tenente alcalde, trátase dunha oferta de "grande interese para boa parte do profesorado e do alumnado".