EDUCACIÓN
O Foro de ONG fixo un chamamento á solidariedade con Haití
Un ano máis, a Concellería de Educación celebrou o Día Internacional pola Paz coa organización do Foro de ONG, que chegou xa á súa undécima edición. Nesta ocasión, as 23 organizacións non gobernamentais participantes centráronse especialmente en difundir as posibilidades que teñen os cidadáns para colaborar na axuda a Haití.
ALCALDÍA
Marcial Villamor xa ten a súa praza en Santiago de Compostela
A carón da rúa do Olvido nace unha nova praza que levará para sempre o nome de Marcial Villamor Varela. Así será tras a inauguración deste espazo durante unha sentida homenaxe a este ilustre veciño de Compostela no lugar onde el vivira.
ALCALDÍA
O alcalde reitera a vontade do Concello de traballar coa Xunta polo éxito do Xacobeo
Un día despois que o Pleno manifestara, a través dunha declaración unánime, "a disposición a colaborar con todas as institucións públicas" para lograr o éxito do Xacobeo 2010, o alcalde reiterou en rolda de prensa esta vontade. "Queremos contribuír ao éxito do Ano Santo e o mellor modo é recoñecendo o papel de Santiago e do Camiño", apuntou Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Preocupación de Sánchez Bugallo pola actuación violenta de determinados grupos organizados
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa preocupación "pola actuación de determinados grupos organizados", en referencia ao atentado contra o catedrático e articulista Roberto Blanco Valdés, que se une ao recente ataque a dous vehículos da Policía Local. Pediu ás forzas de seguridade, e así llo solicitará tamén ao ministro do Interior que "aborten este problema, antes de que se converta nun problema de gran calado".
ALCALDÍA
A gañadora do Premio Casino de Santiago, Sarah Waters, recibida polo alcalde
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a última gañadora do Premio Novela Europea Casino de Santiago, Sarah Waters. A escritora asinou no Libro de Honra do Ano Santo.
ALCALDÍA
Visita do embaixador de Perú en España
O embaixador de Perú en España, Jaime Cáceres Sayán, foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CONSORCIO
Músicas de todo o mundo daranse cita na Semana Santa de Compostela
A V edición do Festival de Músicas Contemplativas volve apostar polo diálogo intercultural cunha programación que inclúe 15 concertos de agrupacións musicais procedentes de Inglaterra, Vietnam, Francia, Mongolia, India, Exipto, Finlandia, Azerbaixán, Irán, Italia, Ouzbekistán e Estados Unidos.
ALCALDÍA
As renovadas rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire mudan a imaxe urbana do barrio de Conxo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o renovado tramo que comprende a avenida de Vilagarcía e as rúas García Prieto e Sánchez Freire, no barrio de Conxo, grazas a unha actuación financiada polos Fondos Estatais de Inversión Local (FEIL). Estas obras supuxeron unha substancial mellora da calidade urbana desta vía, entre Romero Donallo e a rotonda de Conxo, que conta agora con amplas beirarrúas, zonas verdes e mesmo dúas pequenas prazas.
CONSUMO
A OMIC e o Mercado de Abastos reparten 2.000 bolsas reutilizables
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) e o Mercado de Abastos de Santiago repartiron bolsas reutilizables entre os usuarios da praza. O concelleiro de Consumo e Mercados, Andrés Fariña, participou no reparto destas bolsas de tea ecolóxicas.
BENESTAR SOCIAL
O novo Servizo de Axuda no Fogar atenderá a preto de 170 composteláns
Geriatros, empresa especializada na atención integral ás persoas maiores, firmou o contrato polo que o Concello de Santiago de Compostela lle adxudica o Servizo de Axuda no Fogar. Grazas a el, aproximadamente 170 persoas beneficiaranse de toda as atencións persoais, domésticas, psicosociais e de acompañamento que precisen. Geriatros, que xa xestionou este servizo para o Concello en anos anteriores, asumirao de novo durante un período de dous anos, prorrogables a outros dous.