ALCALDÍA
A XXXIII Carreira Pedestre reuniu máis de 4.000 participantes nas rúas compostelás
O atleta eritreo Goitom Kifle impúxose na XXXIII Carreira Pedestre Popular, que un ano máis encheu de corredores e público as rúas compostelás. O deportista africano logrou un tempo de 35 minutos e 33 segundos. A gañadora na categoría feminina foi a kenyana Winnie Jepkemoi.
ALCALDÍA
Nova rúa en Pontepedriña en recordo do garda civil Manuel Vázquez Cacharrón
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova rúa que recordará a figura do garda civil Manuel Vázquez Cacharrón. O vieiro está no SUP-7 de Pontepedriña, un polígono de vivendas que se inaugurará o 13 de novembro.
ALCALDÍA
Un grupo de 55 celíacos realiza o último tramo do Camiño de Santiago
A VI Convivencia de Xóvenes Celíacos de España reuniu en Santiago a 55 mozos e mozas que, entre outras actividades, realizaron o último tramo do Camiño de Santiago. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu os participantes neste encontro.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Os peruanos de Santiago celebran o Día da Canción Criolla na Casa das Asociacións
A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, e a presidenta da Asociación de Peruanos de Santiago, Estrella Zarate, presentaron a festa que o sábado 30 se celebrará na Casa das Asociacións de Cornes. As actividades comezarán ás 16:30 horas
BENESTAR SOCIAL
Novos cursos de alfabetización para adultos e de español e galego para inmigrantes e retornados
Ante a boa acollida do anterior Programa de Alfabetización e Educación Básica de Persoas Adultas, polo que pasaron máis de 60 alumnos e alumnas, a Concellería de Benestar Social e Igualdade amplía o mesmo con dous novos cursos. Por outra parte, a Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), inicia novos cursos de español e de galego para inmigrantes.
CULTURA
A película "Neds", Concha de Ouro en San Sebastián, abrirá a XXIV edición de Cineuropa o 10 de novembro
Neds, a película do director británico Peter Mullan que hai unhas semanas se erixiu en gañadora absoluta do Festival de San Sebastián coa obtención da Concha de Ouro e o premio ao mellor actor, será a película inaugural da XXIV edición de Cineuropa. O Festival Internacional, organizado pola Concellería de Cultura, comezará o 10 de novembro e prolongarase ata o 3 de decembro.
ALCALDÍA
A Policía Local incorpora novas salas de pantallas e de emerxencias
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a nova sala de pantallas da Policía Local, na que se investiron 174.000 euros con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEESL 2010). Tamén puido observar a nova sala de reunións e emerxencias.
ALCALDÍA
Visto bo aos beneficios fiscais para a celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou o visto bo do Ministerio de Economía á declaración do 800 aniversario da consagración da Catedral como acontecemento de excepcional interese público. Este feito suporía o outorgamento de beneficios fiscais semellantes aos do Ano Santo.
SERVIZOS
Ampliación do horario de apertura do cemiterio e reforzo do transporte urbano con motivo de Todos os Santos e Defuntos
Por mor das festividades de Todos os Santos e Defuntos, o horario de apertura do cemiterio de Boisaca será de 9.00 a 19.00 horas ata o 2 de novembro. Ademais, polo notable incremento de visitantes deste cemiterio nestas datas, reforzarase o servizo de transporte urbano os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.
ALCALDÍA
O Concello colabora coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela mediante a achega de 8.500 euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, José Antonio Pais, asinaron no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega á asociación 8.500 euros para o desenvolvemento das súas actividades.