TRANSPORTES
O alcalde destaca o labor de Francisco Candela para "ter colocado á nosa cidade como referencia mundial" no plano turístico
O ata agora concelleiro de Transportes e Mercados, Francisco Candela, anunciou a renuncia á súa acta de concelleiro nunha rolda de prensa conxunta co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Candela apuntou que se trataba dunha decisión que "tiña adoptada hai case dous anos" e que supón a súa volta ao ámbito profesional.
EDUCACIÓN
As cinco escolas infantís municipais estarán en funcionamento no curso 2008-2009
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, apuntou que para o curso 2008-2009 estarán en funcionamento as cinco escolas infantís municipais. Ás de Fontiñas e Conxo, engadirase en breve a de San Roque e, posteriormente, a do Polígono do Tambre e a de Tras Parlamento.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela acolle unha nova edición da feira máis relevante do norte de España dos sectores da perruquería e da estética
Os días 29 e 30 de setembro, o Recinto Feiral de Amio acollerá unha nova edición de Expolook, a IV Feira Internacional de Perruquería e Estética. Este evento tense convertido xa na cita máis relevante do sector no norte de España, avalada polo éxito de expositores e visitantes nas anteriores convocatorias.
DEPORTES
O campión do Open Galego de Descenso en Mountain Bike decidirase en Santiago
O Monte Pedroso acollerá o domingo 23 de setembro o I Gran Premio Santiago DH, última proba do Open Galego de Descenso en Mountain Bike, que definirá ao campión desta competición nas distintas categorías. O clube compostelán conta, na organización deste gran premio, coa colaboración da Fundación Compostela Deporte e do Concello de Santiago.
ALCALDÍA
Unha exposición para buscar a integración social e laboral dos enfermos mentais
A Asociación de Familiares e Amigos de Enfermos Mentais Fonte da Virxe expón na Fundación Granell a obra realizada no seu centro de rehabilitación. Coa mostra danse a coñecer os traballos realizados polos enfermos mentais e quérese chamar a atención á cidadanía sobre este colectivo e as dificultades para a súa integración social e laboral.
ALCALDÍA
Pintura e cerámica únense en clave surrealista
A Fundación Granell acollerá ata o 19 de novembro a exposición "Canto de paxaros", dos holandeses Elizé Bleys y Rik Lina. O alcalde compostelán inaugurou a mostra, que establece un diálogo entre a cerámica da primeira e a obra pictórica do segundo.
TURISMO
Os responsables turísticos do Camiño de Komanu visitarán Compostela en outubro
Tras un traballo conxunto de 3 anos, as rutas de peregrinación de Santiago e de Komanu emprenderán a súa promoción conxunta en Europa e Xapón. A asistencia á feira JATA de Tokio e as xuntanzas cos responsables turísticos da cidade de Tanabe e do Camiño de Komanu permitiron á delegación de Turismo de Santiago consolidar a imaxe turística de Compostela en Xapón.