EDUCACIÓN

As Escolas de Verán foron clausuradas cunha xornada lúdica no pavillón do Restollal

31/07/2012

O programa de conciliación familiar Escolas de Verán 2012 foi clausurado cunha xornada lúdica no pavillón polideportivo do Restollal. Alí déronse cita os participantes desta iniciativa, que durante o mes de xullo atendeu as necesidades de conciliación das familias dos 225 nenos e nenas da cidade dende o segundo ciclo de Educación Infantil ao terceiro ciclo de Educación Primaria.

INFRAESTRUTURAS

A glorieta en construción entre Rodríguez de Viguri e o Camiño Francés permite xa unha circulación máis fluída na zona

31/07/2012

A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, visitou as obras de construción da nova glorieta entre a avenida Rodríguez de Viguri e o Camiño Francés, que permitirá eliminar a rede semafórica desta zona. Esta obra, xunto coa glorieta no entorno do Centro Comercial das Cancelas, tamén en construción, e o paso inferior do Camiño Francés, xa en funcionamento, forman parte das infraestruturas para a mellora do tráfico subscritas por convenio entre o Concello e a promotora da superficie comercial. Estas...

ALCALDÍA

O Museo Casa da Troia abra as súas portas ás visitas durante o verán

31/07/2012

O Museo Casa da Troia abriu de novo as súas portas ao público nun acto ao que asistiron, entre outros, o alcalde, Ángel Currás; o concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya; o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez; e o reitor da USC, Juan Casares. O Museo poderá visitarse durante todo o verán, polas mañás en horario de 11:00 a 14:00 horas e polas tardes de 16:00 a 20:00 horas. Estará pechado os domingos pola tarde e os luns durante todo o día.

CONSORCIO

Máis de 5.000 persoas xa visitaron a exposición "Compostella dicitur" na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago

31/07/2012

Xusto cando se cumpre unha semana dende a súa apertura ao público, máis de 5.000 persoas xa se aproximaron ata a nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago que aloxa a exposición inaugural Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Por procedencias, o 40% dos visitantes foron persoas do propio municipio de Santiago. Do resto de Galicia foi un 13% e do resto de España un 22%. Os demais visitantes proceden na súa maioría de países europeos, algo máis dun 15%, e doutros países (destacan neste sentido...

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Unha gran festa pechou as actividades das "Mañás de verán e de xogo"

31/07/2012

As Mañás de verán e de xogo do programa Vive o verán, organizadas pola Concellería de Centros Socioculturais, finalizaron cunha gran festa. Estas actividades matinais foron todo un éxito, confirmando o acerto da incorporación das parroquias, o que supuxo un forte impulso para os locais que en anos anteriores permanecían pechados.

CULTURA

"Verán na rúa": a actividade cultural chega ás rúas de Compostela en agosto

30/07/2012

A Concellaría de Cultura presenta no mes de agosto unha programación cultural participativa e de calidade para composteláns e visitantes, que inclúe propostas tan diferentes como o Festival Internacional de Percusión (FIP Santiago), Curtocircuíto na Rúa e unha variada oferta dedicada especialmente ao público familiar e infantil. Estas actividades encherán de música, cine, teatro ou circo algúns dos espazos máis emblemáticos da cidade, como as prazas da Quintana, Toural, San Martiño Pinario e...

EDUCACIÓN

Educadores de Galicia e Cabo Verde fórmanse no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela

30/07/2012

A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, presentou o intercambio que un grupo de formadores galegos e caboverdianos están mantendo no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela (Figueiras). Forman parte de Altair, unha asociación educativa internacional que traballa nun proxecto de educación no tempo libre dirixido a rapazas e rapaces de entre 8 e 18 anos.

Compartir: