CENTROS SOCIOCULTURAIS
Centros Socioculturais programa unha viaxe termal ao Balneario de Arnoia
A Concellería de Centros Socioculturais promove unha viaxe termal ao Balneario de Arnoia (Ourense), no marco do seu programa de actividades de saude e calidade de vida. Esta viaxe está especialmente pensada para os nosos maiores, un dos colectivos que máis utiliza os centros socioculturais.
BENESTAR SOCIAL
Constituído o Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, presidiu na Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños) a constitución do Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade.
DEPORTES
Recoñecemento a José Antonio Lobelle
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a José Antonio Lobelle, ex presidente Autos Lobelle de Santiago.
ALCALDÍA
Jesús Precedo Lafuente e Manuel Sánchez Salorio recibirán a Medalla de Ouro da cidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, anunciou a proposta da Alcaldía para o outorgamento das próximas Medallas de Ouro da cidade. Recibiranas o oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio e, a título póstumo, o que fora coengo e deán emérito da Catedral, Jesús Precedo Lafuente.
ALCALDÍA
Os Fogos do Apóstolo apostarán tamén este ano pola realidade virtual
O alcalde compostelán, Ángel Currás, anunciou que, reunida a mesa de contratación dos Fogos do Apóstolo, acordouse que sexa a empresa General de Producciones y Diseño (GPD) a encarga dos espectáculos do 24 e do 31 de xullo.
ECONOMÍA
Máis de 300 persoas participaron en xuño nas accións de Santiago Investors Support
Máis de 300 persoas participaron nas actividades de xuño dentro de Santiago Investors Support, programa municipal para a dinamización do tecido económico da cidade que naceu a finais de 2011.
ALCALDÍA
O estudo de impacto ambiental da variante de Aradas estará listo no mes de xullo
O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Urbanismo, María Pardo, mantiveron unha reunión de traballo co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández e outros responsables da Consellería. Da xuntanza saíu o anuncio de que o estudo de impacto ambiental da variante de Aradas estará listo no mes de xullo. Concello e Xunta seguen traballando tamén para optimizar a conexión do novo polígono industrial da Sionlla co resto do viario da cidade.
CULTURA
A raíña do rockabilly Wanda Jackson pecha esta edición do Compostela Rock
Wanda Jackson será a encargada de poñer o broche de ouro a esta primeira edición do Compostela Rock. A raíña do rockabilly estará acompañada por Pedrito Diablo & Los Cadáveras (Pontevedra, rock&western) de teloneiros. Poderemos escoitar a Jackson, que comezou a súa carreira xirando con Elvis Presley, Jerry Le Lewis e gravou con artistas como The Cramps ou Elvis Costello o 4 de xullo, ás 22:00 horas, na Sala Capitol. As entradas, 20 € anticipada e 25 € o propio día, poden mercarse na billeteira do Principal,...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago comeza o proceso de construción do Centro de formación de referencia en materia de rehabilitación
O Centro nacional de formación de referencia en materia de rehabilitación da Fundación Laboral da Construción terá a súa sede en Santiago de Compostela, cidade exemplo de boas prácticas no ámbito da conservación do patrimonio. Neste sentido, o Consorcio de Santiago acaba de ultimar o proxecto para a primeira fase de actuación na antiga curtidoría de Pontedepriña de Arriba, nas beiras do río Sarela, para a súa adecuación como futura sede do centro. Está previsto que nos...
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi aos participantes no X Pleno do Consello de Comunidades Galegas
Os participantes no X Pleno do Consello de Comunidades Galegas foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Ángel Currás.