XUVENTUDE

Xuventude presenta a súa oferta de lecer e aventura para esta Semana Santa

29/02/2012

O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, presentou o Programa de Ocio e Aventura para a Xuventude de Compostela, Semana Santa 2012. Trátase dunha completa oferta de turismo activo e deporte de aventura a desenvolver do 2 ao 4 de abril no Parque Pena Aventura, en Ribeira da Pena (Portugal).

COMERCIO

A Mesa do Comercio emite informe desfavorable á organización dun Outlet

29/02/2012

A Mesa do Comercio compostelán, composta polas administracións e polo axentes vinculados co sector comercial da cidade, reuniuse no edificio municipal CERSIA para estudar o proxecto de organización dun Outlet no mes de marzo, promovido e organizado por unha empresa privada.

CULTURA

Cooper presenta o seu último traballo, "Mi Universo", dentro do Compostela Rock

29/02/2012

Compostela Rock, nova aposta da Concellaría de Cultura ofrece o xoves 1, ás 21:30 horas na Sala Capitol, unha nova cita, desta vez con Cooper, que presentan en Galicia o seu novo disco, Mi Universo. O grupo, proxecto musical formado por Alex Díez e os seus amigos a principios do ano 2000, logran con este disco actualizar un xénero, como é a música beat, facendo que soe á vez clásica e moderna, persoal e universal. Máis adiante, chegarán da man deste ciclo a Compostela Mark Lanegan+Creature with The Atom...

TURISMO

Os concellos con tradición no Entroido dos Xenerais da Ulla comezan a tramitación para declarar a festa de interese turístico

29/02/2012

Rematadas as celebracións do Entroido e cando os ecos da festa se apagan, a maquinaria administrativa mantén o pulso e durante este mes de marzo os oito concellos nos que se celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla inician a tramitación para declarar esta manifestación popular como Festa de Interese turístico de Galicia. Esta declaración solicítase ao abeiro do Decreto 39/2001 e do Proxecto de Decreto de Declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia de decembro de 2011.

TURISMO

Compostela presenta en Helsinki un libro sobre o Camiño de Santiago

28/02/2012

Turismo de Santiago, a editorial Helsinkibooks e a Oficina Española de Turismo en Helsinki presentarán na capital finesa o libro Tatina taipaleella (Unha maneira diferente de facer o Camiño), nado da experiencia de dúas xornalistas, Pirkko Vekkeli e Liisa Jappinen, que tras visitar Compostela dedicaron anos a percorrer a ruta de peregrinación por etapas.

Compartir: