PLENO
O Pleno dá o visto bo a dous créditos extraordinarios
O Pleno da Corporación Municipal en sesión extraordinaria aprobou dous expedientes de crédito por un importe global de 120.000 euros.
CULTURA
O cantante de Maldita Nerea manterá un encontro con estudantes de Santiago o venres 2 de decembro
O coloquio entre Jorge Ruíz e os rapaces e rapazas de Compostela terá lugar o mesmo día do seu concerto no Multiúsos Fontes do Sar: o 2 de decembro. Maldita Nerea e o Concello de Santiago convocan a este acto a todos os alumnos e alumnas dos centros de educación primaria, secundaria e universitaria de Santiago de Compostela.
URBANISMO
O Concello crea un rexistro auxiliar en Urbanismo para axilizar expedientes e trámites
A concelleira de Urbanismo e Casco Histórico, María Pardo, presentou en rolda de prensa unha iniciativa encamiñada a mellorar a tramitación de expedientes urbanísticos e reducir os prazos dos mesmos.
CULTURA
O Auditorio de Galicia inaugura a mostra do Sétimo Premio para novos artistas
O Auditorio de Galicia inaugura esta tarde a exposición do Sétimo Premio para Novos Artistas Auditorio de Galicia no transcurso dun acto no que se farán públicos o nome do gañador e catro accésit deste ano. Participarán no mesmo o concelleiro de Cultura, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou; o xurado do premio así como practicamente todos os artistas que foron seleccionados para amosar as súas obras nesta exposición, un total de 40. A mostra poderá verse ata o 4...
TURISMO E CULTURA
Santiago prepárase para un "Nadal Único"
O Concello de Santiago ofrecerá este ano un programa de Nadal amplo e diverso, no que se implicaron todas as Concellerías con competencias na materia. Os edís de Cultura, Ángel Currás, e de Turismo, Reyes Leis, deron conta en rolda de prensa das actividades organizadas polos seus departamentos.
EDUCACIÓN
Abrese o prazo para a presentación dos carteis de Nadal
A Concellería de Educación convoca unha nova edición do concurso "Cartel de Nadal" dirixida a todos os escolares de Santiago. O debuxo gañador ilustrará o programa de nadal do Concello. Os traballos poden presentarse ata o 14 de decembro.
ALCALDÍA
O alcalde inaugura as sextas xornadas de negocio internacional do Banco Sabadell
O Palacio de Congresos está a acoller as Sextas Xornadas de Negocio Internacional organizadas polo Banco Sabadell, que foron inauguradas polo rexedor compostelán, Xerardo Conde Roa. O alcalde deulles a benvida e agradeceulles que escolleran Santiago como sede da xuntanza.
CULTURA
Cineuropa proxecta na súa última semana o cine máis transgresor
Cineuropa proxecta na súa última semana os títulos que máis expectación teñen espertado este ano nos distintos certames internacionais. A catro días de que remate esta XXV edición de Cineuropa, os afeccionados aínda teñen oportunidade de gozar do cine máis transgresor ou extremo nas súas formas ou contidos.
XUNTA DE GOBERNO
As interseccións da rúa República do Salvador con Xeneral Pardiñas e Doutor Teixeiro estarán reguladas por semáforos
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar esta medida na súa última sesión, medida que ten como obxectivo axudar a mellorar a circulación nunha zona sensible da cidade por mor da alta densidade de tráfico que rexistra.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno aproba un plan integral de prevención de drogas para fomentar unha vida saudable entre a xuventude
A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, acompañada polo técnico de prevención da UMAD, Jorge Carballido, presentou en rolda de prensa o Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias, que vén de aprobar a Xunta de Goberno Local na súa última sesión.