XUNTA DE GOBERNO
As solicitudes de fogueiras e cacharelas poden entregarse ata o 15 de xuño
A Xunta de Goberno aprobou as normas de seguridade e de xestión de permisos para as cacharelas en espazos públicos e privados na noite San Xoán ou en calquera outro día do mes de xuño. O prazo de solicitude destas fogueiras ou sardiñadas estará aberto ata as 14:00 horas do 15 de xuño.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde en funcións coa presidenta do Parlamento de Galicia
O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión coa presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo.
TURISMO
Santiago(é)Tapas remata a súa mellor edición con máis de 30.000 consumicións
A cuarta edición de Santiago(é)Tapas amosou a consolidación do concurso na cidade e a súa rendibilidade para os establecementos participantes. Os datos así o amosan: entre o 13 e o 29 de maio consumíronse algo máis de 30.000 tapas, todas elas a un prezo único de dous euros.
CULTURA
Compostela Máxica e o último concerto da temporada de Sons da Diversidade, protagonistas culturais do mes de xuño
A programación cultural do mes de xuño ten como protagonista principal a maxia, xa que do 6 ao 12 celebrarase a V edición da Semana Internacional do Ilusionismo Compostela Máxica, cuxo programa completo será presentado o mércores 1 de xuño en rolda de prensa. Ademais, chega o último concerto desta edición de Sons da Diversidade, os concertos da Banda Municipal de Música ao aire libre e a estrea de A ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego.
FESTAS
As Festas da Ascensión comezan co concerto gratuíto de Di Elas no Campus Vida
As Festas da Ascensión comezan o mércores 1 de xuño cun programa composto por máis de 50 actuacións musicais distribuídas ao longo de cinco xornadas (1-5 de xuño), ademais de charangas e pasarrúas, actividades tradicionais de folclore, deporte e as novas prácticas urbanas relacionadas co skate.
CONSORCIO
O Consorcio recupera varias pezas artísticas na capela do Rosario en Bonaval
O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, realizou este ano diferentes traballos de conservación na capela da Confraría do Rosario, pertencente ao conxunto monumental de San Domingos de Bonaval.
ALCALDÍA
Xosé A. Sánchez Bugallo despediuse de Alberto Núñez Feijóo
O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
EDUCACIÓN
Preto de 200 escolares exhibiron as súas habilidades na danza nunha actuación especial no Auditorio de Galicia
O Certame de Danza Intercentros celebrou á súa sexta edición. 187 rapazas e rapaces (nesta ocasión bailaron catro nenos) amosen ao numeroso público congregado no Auditorio de Galicia o froito do traballo en torno á danza realizado ao longo do curso.
ALCALDÍA
Reunión en Raxoi de Xosé A. Sánchez Bugallo con Federico Mayor Zaragoza
O alcalde compostelán en funcións Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co presidente da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza.
CIDADE HISTÓRICA E MEDIO AMBIENTE
Últimos días para inscribirse no Concurso de Balcóns da Cidade Histórica
As Concellarías de Cidade Histórica e de Medio Ambiente manteñen aberto o prazo, ata o 31 de maio, para participar no III Concurso de Balcóns con Flores na Cidade Histórica Flores na cidade a través desta mesma web e de www.compostelaviva.org.