EDUCACIÓN

Ábrese unha nova edición da Escola Municipal de Verán de Inglés

30/06/2011

Ponse en marcha unha nova edición da Escola de Verán de Inglés English Summer School, que estará aberta do 1 ao 29 de xullo, en horario de 8:15 a 14:00 horas. Está dirixida a nenos/as e mozos/as de 1º de Primaria a 2º de ESO, e desenvolverase no IES Rosalía de Castro.

PLENO

O alcalde en funcións deséxalle éxito e acerto ao novo Goberno municipal

28/06/2011

A Corporación saínte celebrou o seu último Pleno, previo ao de constitución da nova Corporación, que se celebrará o venres 1 de xullo a partir das 12:00 horas. A orde do día foi unicamente a aprobación de actas, pero abriuse un turno de palabra para a despedida dos concelleiros que deixan o labor municipal.

CULTURA

As bandas de Musigalizando ofrecen un concerto na praza da Quintana

27/06/2011

A Praza da Quintana acolle o martes 28, a partir das 20:30 horas, o concerto das Bandas Xuvenil e Sinfónica de Musigalizando, co que poñen o broche final a Musigalizando, campamento musical que organizan, por quinto ano consecutivo, a Asociación Cultural Musical Solfa, a Banda da Escola de Música de Rianxo e a Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia. O campamento, que se está a celebrar dende o pasado día 22 en Gandarío (Sada), conta co patrocinio da Concellaría de Cultura e da Dirección Xeral de...

ALCALDÍA

A temporada futbolística comezará con dous novos campos de herba artificial

27/06/2011

O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as tres novas instalacións deportivas coas que conta a cidade. Así, a temporada futbolística abrirase con dous novos campos de herba artificial en Belvís e San Lázaro. E xa dende maio, funcionan en período de proba e de balde as tres pistas de pádel e a de tenis de Sar, á espera da adxudicación da explotación deste recinto.

CULTURA

Marilar Aleixandre será a guía no segundo Roteiro Literario de Compostela

27/06/2011

A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e a Asociación de Escritores en Lingua Galega puxeron en marcha este mes unha nova actividade en Compostela que, baixo o título de Roteiros Literarios, consiste nun paseo acompañado dun escritor que fará diversas paradas en sitios emblemáticos onde se lerán ou recitarán diferentes textos. Así, o martes 28, a partir das 20:00 horas, realizarase o segundo destes roteiros, nesta ocasión guiado por Marilar Aleixandre. En agosto haberá dous roteiros máis...

ALCALDÍA

A presidenta do Parlamento será a delegada rexia na Ofrenda ao Apóstolo

24/06/2011

O Rei Don Juan Carlos de Borbón designou á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, delegada rexia nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o vindeiro 25 de xullo na Catedral de Santiago. Así o anunciou o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, unhas horas despois de recibir a comunicación do xefe da Casa Real.

Compartir: