ALCALDÍA
Aberta unha nova edición do Curso Internacional Música en Compostela
Ata o 13 de agosto estará aberta a edición número 44 do Curso Internacional Música en Compostela. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participou no acto inaugural do curso, celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
CULTURA
O alcalde destaca a achega "crucial" de Aquilino Iglesia Alvariño á literatura galega
O Concello rendeulle homenaxe a Aquilino Iglesia Alvariño ao cumprirse o 50 cabodano da súa morte. Fíxoo participando do acto que organizou o PEN Club Galicia para reivindicar a figura e obra do escritor. Foi no camposanto de Bonaval e alí estiveron o alcalde da cidade, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, para participar na ofrenda floral.
DEPORTES
Entrega de trofeos do Campionato de Chave
Rematou na Alameda unha nova edición do Campionato de Chave, competición xa tradicional nas Festas do Apóstolo. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu ás finais e á posterior entrega de premios.
MEDIO RURAL
O concelleiro de Medio Rural demanda a colaboración de Augas de Galicia para dotar de servizos básicos ao rural compostelán
O concelleiro de Medio Rural, Luís García Bello, reuniuse co presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez. Ambos falaron, entre outros asuntos, das obras executadas en base ao convenio de colaboración entre o Concello, a Consellería de Medio Ambiente e a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) para obras hidráulicas nas parroquias, na súa primeira fase.
EDUCACIÓN
Máis de 200 escolares participaron na Escola Municipal de Verán de Inglés
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, clausurou unha nova edición da Escola Municipal de Verán de Inglés English Summer School. 205 nenos e nenas participaron neste programa, desenvolvido do 1 ao 29 de xullo.
ALCALDÍA
O Grupo Cidades Patrimonio creará unha comisión executiva para exercer de interlocutora co Ministerio de Cultura
A Asemblea Ordinaria do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuniuse na Casa Canals de Tarragona. A Asemblea foi presidida polo alcalde de Santiago e actual presidente do Grupo, Xerardo Conde Roa.
CULTURA
A Fundación Granell estrea un novo espazo
Inaugurouse na Fundación Eugenio Granell un novo espazo: a Sala Lucernario. Trátase dunha nova estancia deseñada interiormente polo arquitecto Marcos Zacarías. A proposta complétase coa colocación da peza Árbol 32, que o artista Xurxo Oro Claro doou especificamente para este espazo.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia queda vinculada á Universidade de Santiago grazas a un convenio co Consorcio
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, asinaron un convenio para a vinculación da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia á Universidade. Este acordo vai supoñer un importante impulso aos estudos superiores en materia de práctica orquestral que se desenvolven na Escola, asociada dende o seu inicio á Real Filharmonía de Galicia.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Emigración asinan un convenio para o funcionamento da UAMI
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, asinaron un convenio de colaboración para financiar a Unidade de Atención a Migrantes (UAMI). En virtude do mesmo, o organismo autonómico achega 50.000 euros para a provisión de persoal do devandito centro, sendo a contribución municipal doutros 20.000 euros.
PLENO
O Concello solicita preto dun millón de euros á Xunta para programas sociais
Na sesión ordinaria de xullo do Pleno da Corporación deuse conta dun acordo da Xunta Local sobre a solicitude de subvencións á Xunta de Galicia ao abeiro da Orde de 3 de marzo de 2011, pola que se regulan as bases para a concesión de subvencións.