ALCALDÍA
O Obradoiro brinda a Copa Príncipe á comprometida afección compostelá
Os xogadores, adestradores e directivos do Blu:sens Monbus foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, tras o seu triunfo na Copa Príncipe de Baloncesto. O equipo compostelán impúxose ao CB Murcia por 81-78.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Concellería de Participación Cidadá edita a guía "Queres crear unha asociación?"
A Concellería de Participación Cidadá acaba de editar a guía Queres crear unha asociación?. Dun xeito sinxelo e didáctico, indícanse todos os pasos básicos para por en marcha este tipo de entidades, dende a primeira reunión ata o seu rexistro ou a redacción de estatutos.
ALCALDÍA
Santiago achégase xa aos estándares comunitarios de nenos de 0 a 3 anos en escolas infantís públicas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a nova Escola Infantil de Tras Parlamento, tras o remate das obras de rehabilitación do edificio que no seu día ocupara o Departamento de Benestar Social. Esta será a quinta escola infantil da cidade e dará servizo fundamentalmente á área do Ensanche.
CULTURA
Febreiro trae a música de Mari Boine e novidades nas artes escénicas
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou unha programación cultural do mes de febreiro na que destacan o espectáculo Razas, cuxa versión orixinal vén de triunfar en Broadway dirixida polo seu propio autor, o tamén guionista e director de cine David Mamet.
URBANISMO
Emuvissa prorroga o prazo de pagamento de catro parcelas adxudicadas no mes de xullo
No Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) aprobouse a prórroga do prazo de pagamento de catro das parcelas adxudicadas en xullo, ampliación de prazo que estaba contemplada no novo prego para alleamento que rexe os concursos de Emuvissa.
ALCALDÍA
Recepción con motivo da Copa Príncipe
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu os directivos do Blu:sens Monbus e do CB Murcia e os representantes federativos con motivo da celebración da Copa Príncipe de baloncesto.
ALCALDÍA
Santiago gaña dúas novas avenidas urbanas que melloran a calidade de vida dos veciños
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, inauguraron as obras de reurbanización realizadas no tramo Galeras-Salvadas Vista Alegre e na avenida de Castelao, dúas actuacións que o alcalde cualificou como "exemplares" e dunha "calidade extraordinaria".
PLENO
Visto bo do Pleno ao uso sociocultural do antigo Colexio Ramón Cabanillas
Na sesión ordinaria de xaneiro do Pleno municipal, a Corporación aprobou por unanimidade a ampliación de usos na reserva docente do antigo CEIP Ramón Cabanillas, no Castiñeiriño, agora trasladado a Pontepedriña. Deste xeito, poderáselle dar un uso sociocultural a estas instalacións.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo confía no compromiso dos axentes sociais para pechar o voo a Bruxelas
O luns 31, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, confía en poder darlle unha resposta á compañía Ryanair sobre a oferta dunha conexión con Bruxelas. Para iso, dixo confiar na "implicación dos axentes sociais" para facer fronte ao 25% do custo desta liña. Neste sentido, durante a rolda de prensa semanal, o alcalde recibiu a confirmación da Asociación de Hostalería da súa disposición a achegar 50.000 euros.
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse co embaixador de Chile
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co embaixador de Chile en España, Sergio Romero, de visita en Galicia.