XUNTA DE GOBERNO
Xunta e Goberno colaboran na formación laboral de cen persoas desempregadas
Na última sesión da Xunta de Goberno Local deuse conta da subvención que a Consellería de Traballo concede ao Concello para a realización do programa de formación "Emprego Santiago", enfocado á inserción laboral de persoas desempregadas.
OBRAS E INFRAESTRUTURAS
A concelleira de Infraestruturas denuncia a existencia de obras executadas unha vez finalizado o orzamento previsto
A edil de Obras e Infraestruturas, María Castelao, deu conta en rolda de prensa das novas irregularidades atopadas no seu departamento relativas ao contrato de reforzo do firme en vías municipais 2010.
EMPREGO
A oferta da I Feira Internacional de Emprego supera os 500 postos de traballo
A tres días de dar comezo, a I Feira Internacional de Emprego (FIE) conta xa cos datos definitivos de participación de empresas, candidatos e postos de traballo ofertados.
SANIDADE
Ampliación do horario de apertura do cemiterio e reforzo do transporte urbano con motivo de Todos os Santos e Defuntos
Por mor das festividades de Todos os Santos e Defuntos, o horario de apertura do cemiterio de Boisaca será de 9.00 a 19.00 horas ata o 2 de novembro. Ademais, polo notable incremento de visitantes deste cemiterio nestas datas, reforzarase o servizo de transporte urbano.
DEPORTES
As rapazas da natación sincronizada chegan a Santiago tras cinco días de Camiño
O equipo español de natación sincronizada foi recibido no Pazo de Raxoi polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa. Antes, mantiveron un encontro co presidente da Xunta, Alberto Núñéz Feijoo.
BENESTAR SOCIAL
O Concello impulsa un programa de ocio alternativo dirixido aos adolescentes
A Concellería de Benestar Social, levará a cabo un programa de prevención de drogodependencias dirixido á poboación adolescente co fin de consolidar formas de ocio alternativas. As primeiras actividades terán lugar esta tarde na praza Roxa e mañá sábado entre as 10 e as 12 en Cornes.
ALCALDÍA
A Academia Galega de Seguridade e o Concello colaborarán na formación dos bombeiros municipais
O director da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), José Carlos García Bouzas, e o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a formación continua dos bombeiros municipais.
CULTURA
Compostela acolle a presentación dunha guía verde sobre o Camiño de Santiago
O pazo de Raxoi foi o escenario da presentación da segunda edición da Guía Verde sobre o Camiño de Santiago, editada polo Touring Club Italiano. O acto estivo presidido polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o presidente de Caminos de Europa, Alessandro Cardinale.
CULTURA
Cineuropa celebra o seu potenciado 25º aniversario
O 9 de novembro Cineuropa levanta o telón da que vai ser a súa vixésimo quinta edición. Entre ese día e o 2 de decembro, o festival que organiza o Concello de Santiago, a través da Concellería de Cultura, e dirixe José Luis Losa ten preparada unha das programacións máis ambiciosas da súa historia, tanto polo esforzo no nivel do cine seleccionado –no que figura o máis sobresaínte dos certames internacionais celebrados ao longo do ano-, como por algunhas actividades especiais que acompañarán...
TRANSPORTE
A Concellería de Transportes informa dos servizos especiais de autobuses para o partido do Obradoiro, o día de Defuntos e as modificacións pola Carreira Pedestre
A Concellería de Transportes preparou para os vindeiros días sendos servizos especiais para facilitar a asistencia ao partido do Obradoiro (domingo 30) e para o cemiterio de Boisaca por mor do día de Defuntos (martes 1). Asimesmo informa das modificacións por mor da Celebración da Carreira Pedestre Popular (domingo).