CENTROS SOCIOCULTURAIS

Remataron as "Mañás de verán e de xogo" nos centros e locais socioculturais

31/07/2013

Finalizaron as Mañás de verán e as Mañás de xogo nos centros socioculturais de Vite, Conxo, As Fontiñas e Santa Marta, e nos locais socioculturais de Nemenzo e A Gracia. 180 nenos e nenas participaron nas actividades destas dúas iniciativas, incluídas no programa Vive o verán, da Concellería de Centros Socioculturais.

ACCIDENTE FERROVIARIO

Homenaxe civil ás vítimas do accidente ferroviario en San Domingos de Bonaval

31/07/2013

O antigo cemiterio de San Domingos de Bonaval acolleu un acto de homenaxe civil ás vítimas do accidente ferroviario do pasado 24 de xullo organizado polo Parlamento de Galicia, a Xunta e o Concello de Santiago. O alcalde, Ángel Currás, e a Corporación asistiron a esta cerimonia, na que interviñeron representantes dos familiares, dos veciños de Angrois e dos equipos que participaron no dispositivo de emerxencia.

SOSTIBILIDADE

O convenio da nova EDAR recollerá o emprazamento definitivo no Souto e as melloras provisionais na actual depuradora

31/07/2013

A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, ofreceu máis detalles da reunión mantida polo alcalde, Ángel Currás, co secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos. Así, indicou que o compromiso de melloras provisionais na actual depuradora estará incluída no convenio de execución e explotación da nova EDAR que se asinará en setembro por Concello, Xunta e Aqua España.

XUVENTUDE

Última xornada do programa de voluntariado para o acondicionamento da carballeira de Tarrío

30/07/2013

Efectivos de Protección Civil participaron na parroquia do Carballal na terceira e última xornada de recuperación da carballeira de Tarrío, dentro do programa de voluntariado ambiental. A actividade, que tivera dúas xornadas máis os días 16 e 23 de xullo, tiña como obxectivo promover a concienciación e sensibilización da poboación nova sobre o medio.

ALCALDÍA

O alcalde solicítalle a Medio Ambiente medidas provisionais para reducir os vertidos ao Sar mentres se constrúe a nova EDAR

30/07/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Madrid co secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos, ao que lle formulou a demanda de medidas provisionais que reduzan os vertidos ao río Sar da vella depuradora namentres non se constrúe a nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) do Souto. Da reunión tamén saíu o compromiso de reanudar de inmediato as obras do colector, paralizadas dende hai dous anos. O convenio entre Concello, Xunta e Aqua España para a execución e explotación da...

ACCIDENTE FERROVIARIO

Multitudinaria despedida ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois

29/07/2013

A Catedral de Santiago acolleu o funeral oficial polas 79 vítimas do accidente ferroviario de Angrois, acontecido o pasado 24 de xullo. Familiares das vítimas asistiron a esta cerimonia, que tamén se puido seguir a través dunha pantalla xigante dende a praza da Quintana.

Compartir: