EMPREGO
O alcalde entrega os diplomas dos programas AFD e Pacto Local polo Emprego
O salón de actos do CERSIA acolleu o acto de entrega dos diplomas dos Programas de Formación AFD e Pacto Local polo Emprego que organiza o Departamento de Emprego da Concellaría de Economía do Concello.
BENESTAR SOCIAL
Clausúranse os obradoiros do Urbana Santiago Norte no Albergue de Xoán XXIII con grande éxito de participación
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, participou no acto de clausura dos obradoiros organizados polo equipo de dinamización social do programa Urbana Santiago Norte no Albergue Xoán XXIII. A edila fixo entrega aos participantes dos correspondentes certificados de asistencia.
EDUCACIÓN
Dúas iniciativas da UMAD buscan unha saída formativa para aqueles rapaces que abandonan os estudos
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, acompañada polo técnico da Umad Jorge Carballido, presentou estas dúas iniciativas, orientadas a rapaces de 16 anos que non queren seguir formándose. Trátase por unha banda dun curso formativo prelaboral e por outra, de dous cursos de orientación e inserción laboral.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Entréganse os X Premios Falemos da Nosa Historia de redacción en galego
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participou na entrega de premios do concurso de redacción en galego ¨Falemos da nosa historia¨ que tivo lugar no Auditorio de Galicia
ECONOMÍA
Ábrese o prazo para inscribirse no curso "Solucións negociadas a conflictos e dilemas"
O curso, dentro das actividades do Santiago Investors Support, celebrarase o dez de xuño no Cersia
A concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o curso "Solucións negociadas a conflictos e dilemas", dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes
ALCALDÍA
O Concello recibe os participantes no seminario sobre a búsqueda de seguridade nas operacións no estranxeiro
O alcalde, Ángel Currás, recibiu os participantes que esta mañá tiveron ocasión de asistir ao Seminario que se celebrou na sede da Confederación de Empresarios de Galicia.
DEPORTES
Santiago acolle esta fin de semana un torneo internacional de hóckey a patíns
O evento, organizado polo Hócky Club Raxoi e a Federación Galega de Patinaxe coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello, celebrarase o sábado e o domingo no pavillón de Vite
MEDIO RURAL
O Concello segue apostando polo rural con novos convenios e inversións
O concellerio de Relacións co Medio Rural, Francisco Noya, xunto co concelleiro adscrito a esta área, Luis Meijide espuxeron as obras e convenios que se van executar no rural nunha aposta clara por este ámbito do Concello.
CONSORCIO
Continúan as tarefas de conservación dos pavimentos históricos da Cidade Histórica de Santiago de Compostela
Entre o luns 3 e o venres 7 de xuño, as brigadas de mantemento dos lousados do casco histórico estarán traballando na rúa da Algalia de Abaixo
Actuarán nun total de 16 puntos, reparando e substituíndo as lousas de granito que así o precisen
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Concellería de Normalización Lingüística colabora no espectáculo "A nena e o grilo nun barquiño"
O Teatro Principal acollerá este sábado, a partir das 18.30h, a representación deste espectáculo para toda a familia, ao que acudirá a concelleira de Normalización Lingüística Rebeca Domínguez.