NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Inicio do curso de lingua galega CELGA 3

31/03/2013

O curso de lingua galega CELGA 3 que organiza a Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística comeza este luns 1 de abril, ás 18:00 horas, no Edificio Administrativo de San Lázaro (CERSIA).

EXPOSICIÓN

A camelia, protagonista dunha exposición única no claustro de Fonseca

30/03/2013

Durante os días 29 e 30 de marzo, o Pazo de Fonseca acolle unha exposición sobre a flor emblemática de Galicia: a camelia. O Concello de Santiago colabora coa Sociedade Española da Camelia (SEC) e a USC nesta mostra, organizada por Turgalicia, que se suma aos atractivos que ofrece a cidade nesta Semana Santa. A concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a secretaria xeral de Turismo, Nava Castro, visitaron a exposición.

PERSOAL

As condicións de xubilación parcial do persoal laboral manteranse ata 2019

27/03/2013

A concelleira Persoal, Amelia González, anunciou que as condicións para a xubilación parcial do persoal laboral municipal se manterán nos termos contidos no convenio colectivo ata 2019. Tras o acordo acadado coas representacións sindicais, o Concello acollerase deste xeito á posibilidade que ofrecía o Real Decreto-lei 5/2013, de 15 de marzo, de medidas para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento activo, de non aplicar as condicións deste en caso de consenso.

CULTURA

"O Principiño", un clásico da literatura universal, chega ao Teatro Principal

27/03/2013

O domingo 28 de abril, ás 12:30 horas, a compañía Telón Tolón representa a obra O Principiño no Teatro Principal. Esta función de teatro, con música orixinal, un coro de nenos e unha posta en escena chea de imaxinación e poesía, está incluída no ciclo Infantil & Familiar. As entradas xa están á venda.

SEMANA SANTA

Continúan os actos da Semana Santa

27/03/2013

A Semana Santa continúa en Compostela coas diferentes procesións e actos litúrxicos, ademais doutras actividades paralelas coma o Festival de Músicas Contemplativas ou a oferta gastronómica Santiago Pasión.

ALCALDÍA

Concello e USC abordan as necesidades máis urxentes do Campus e preparan un novo convenio de colaboración

26/03/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o reitor da USC, Juan Casares Long, mantiveron unha reunión de seguimento do convenio de colaboración entre Concello e Universidade para o período 2005-2015. Abordaron as necesidades máis urxentes no Campus e as fórmulas para afrontalas, así como unha actualización das necesidades co fin de preparar un novo convenio que substitúa ao actual a partir 2015.

MULLER

Unha carapucha solidaria reivindicará a igualdade na Procesión dos Estudantes

26/03/2013

A concelleira de Muller e Igualdade, María Castelao, presentou a iniciativa Capirote solidario pola igualdade, promovida pola Irmandade de Estudantes. Baixo o lema "Se sentes a paixón, defende a igualdade", esta confraría quere reivindicar a igualdade entre homes e mulleres nun ámbito precisamente ligado tradicionalmente aos homes. A Procesión dos Estudantes, na que desfilará en lugar preferente esta carapucha solidario, sairá este mércores santo, ás 23:00 horas, do colexio das Orfas.

Compartir: