CULTURA

Arizona Baby presenta o seu novo disco, "The truth, world truth and nothing but the truth" no ciclo Compostela Rock

28/02/2013

Arizona Baby estará en Compostela para presentar o seu último traballo, The truth, the whole truth and nothing but the truth, que presentaron en outubro. Será o venres 1 de marzo, ás 21:00 horas, dentro do Compostela Rock, nun concerto no que estarán acompañados pola banda portuguesa a Jigsaw. As entradas (12 € máis gastos, anticipada e 15 € na billeteira) poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en salacapitol.com ou na Reixa Tenda.

SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local realiza controis no transporte escolar

28/02/2013

En cumprimento da programación das Campañas e Operacións Especiais de vixilancia e control previstas para este ano 2013, a Policía Local está efectuando controis de transporte escolar durante esta semana.

MEDIO RURAL

O Concello programa investimentos no rural de preto de 2 millóns de euros

28/02/2013

O concelleiro Luis Bello deu conta das actuacións previstas neste 2013 nas parroquias rurais de Compostela, que suman un investimento de preto de 2 millóns de euros. Fíxoo nunha rolda de prensa na que lle deu o relevo a Francisco Noya, quen a partir de agora se fará cargo do "día a día" da xestión dos temas relacionados co medio rural e da relación cos seus veciños.

XUNTA DE GOBERNO

Aprobados os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños

28/02/2013

A Xunta de Goberno aprobou os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. Ademais, xa está dispoñible toda a documentación e información relativa á reserva, preinscrición e matrícula nas escolas infantís de San Roque, Tras Parlamento e Tambre, co-xestionadas co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

PLENO

O Pleno dá o visto bo definitivo ao Regulamento de Venda Ambulante

28/02/2013

O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de febreiro, aprobou definitivamente e por unanimidade o Regulamento de Venda Ambulante. Tamén deu o visto bo, neste caso inicialmente, ao Plan de Emerxencias Municipal. Nesta sesión formalizouse a toma de posesión como concelleiro de Luís Meijide Rodríguez.

COMERCIO

Santiago conta con 3.879 locais comerciais, dos que 2.706 teñen actividade

27/02/2013

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada da técnico responsable de Comercio, Lucía Castro, e de Roi Fernández, da empresa Mantelnor Servizos Especializados, presentaron no Pazo de Raxoi un avance do Censo de locais comerciais, que o Concello está elaborando para coñecer con precisión a situación dos locais comerciais, o seu número, as súas características, se están ocupados ou non e, nos casos nos que están sen ocupación, cales son as causas.

Compartir: