PLENO

O Pleno aprobou a modificación puntual do PXOM que permitirá graduar as obras permitidas nos inmobles fóra de ordenación

31/01/2013

O Pleno da Corporación abordou na súa sesión ordinaria de xaneiro varios asuntos en materia urbanística, entre os que salientou a aprobación inicial da modificación puntual da normativa urbanística do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aplicable ás situacións fóra de ordenación e o visto bo definitivo ao cambio do Plan especial de protección do patrimonio construído no ámbito coñecido como as Casas de Ramírez. A concelleira de Urbanismo, María Pardo, informara...

XUNTA DE GOBERNO

O Concello contratará un servizo para realizar as medicións de ruídos

31/01/2013

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o expediente para contratar o servizo de medición de ruídos derivados de actividades de carácter comercial, industrial ou de calquera outra fonte de ruído no termo municipal de Santiago. Ademais, abriu o proceso de contratación do servizo de conserxería e limpeza de varias instalacións municipais e prorrogou o contrato de mantemento da sinalización horizontal e vertical.

CULTURA

Cancelado o concerto de Miguel Poveda por indisposición do artista

31/01/2013

M Poveda Producciones S. L. informou esta mañá da suspensión do concerto de Miguel Poveda por indisposición do artista. O concerto estaba previsto para este sábado, 2 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, dentro do ciclo Sons’13.

PLENO

Paula Prado formalizou a renuncia como edil

31/01/2013

Na sesión ordinaria de xaneiro do Pleno, a concelleira popular Paula Prado formalizou a súa renuncia como edil. Nunha vindeira sesión tomará posesión como novo concelleiro o número 15 pola lista do Partido Popular nas eleccións locais de 2011, Luis Meijide.

URBANISMO

O Concello avanza en prol dunha xestión máis eficiente e sustentable

30/01/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta das últimas actuacións postas en marcha polo Goberno municipal para avanzar na consecución dunha xestión máis eficiente e sustentable. Nesa liña está a creación dunha Comisión de Sustentabilidade, os traballos para fixar indicadores cos que medir a execución dos contratos municipais ou a aposta por edificios públicos que conten con selo BREEAM.

CULTURA

Rober Bodegas estrea o seu novo espectáculo, "O umbral da estupidez", no Falabaratos

30/01/2013

O humorista Rober Bodegas presenta a estrea absoluta do seu novo espectáculo, O umbral da estupidez, no ciclo Falabaratos. Faino en dúas funcións, o xoves 31 de xaneiro e o venres 1 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas, a 12 euros (9 € no anfiteatro) poden mercarse na billeteira do propio Principal, aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas, ou en Novagaliciabanco (na web entradas.novagaliciabanco.es ou no teléfono 902 434 443).

CONSORCIO

Laraño recupera o campanario da súa igrexa

30/01/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou a parroquia de Laraño para observar o resultado das obras realizadas na torre da igrexa. Acompañaron ao rexedor e aos veciños nesta visita a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón, e os concelleiros Luis Bello, Francisco Noya e Juan de la Fuente.

Compartir: