CONSORCIO
O Consorcio de Santiago e a empresa Clear Channel colaborarán na promoción publicitaria da Catedral en toda España
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o presidente de Clear Channel Espana, Agustín Usallán Ortiz, asinaron un convenio de colaboración para a promoción da Catedral.
XUVENTUDE
Xuventude presenta a súa oferta de lecer e aventura para esta Semana Santa
O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, presentou o Programa de Ocio e Aventura para a Xuventude de Compostela, Semana Santa 2012. Trátase dunha completa oferta de turismo activo e deporte de aventura a desenvolver do 2 ao 4 de abril no Parque Pena Aventura, en Ribeira da Pena (Portugal).
COMERCIO
A Mesa do Comercio emite informe desfavorable á organización dun Outlet
A Mesa do Comercio compostelán, composta polas administracións e polo axentes vinculados co sector comercial da cidade, reuniuse no edificio municipal CERSIA para estudar o proxecto de organización dun Outlet no mes de marzo, promovido e organizado por unha empresa privada.
CULTURA
Mostra pública do obradoiro de creación escénica "O texto como pre-texto"
O xoves 1 e o venres 2 de marzo realizarase na Zona "C", ás 20:30 horas, a mostra pública do traballo realizado no obradoiro de creación escénica O texto como pre-texto.
CULTURA
Cooper presenta o seu último traballo, "Mi Universo", dentro do Compostela Rock
Compostela Rock, nova aposta da Concellaría de Cultura ofrece o xoves 1, ás 21:30 horas na Sala Capitol, unha nova cita, desta vez con Cooper, que presentan en Galicia o seu novo disco, Mi Universo. O grupo, proxecto musical formado por Alex Díez e os seus amigos a principios do ano 2000, logran con este disco actualizar un xénero, como é a música beat, facendo que soe á vez clásica e moderna, persoal e universal. Máis adiante, chegarán da man deste ciclo a Compostela Mark Lanegan+Creature with The Atom.../em>
TURISMO
Os concellos con tradición no Entroido dos Xenerais da Ulla comezan a tramitación para declarar a festa de interese turístico
Rematadas as celebracións do Entroido e cando os ecos da festa se apagan, a maquinaria administrativa mantén o pulso e durante este mes de marzo os oito concellos nos que se celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla inician a tramitación para declarar esta manifestación popular como Festa de Interese turístico de Galicia. Esta declaración solicítase ao abeiro do Decreto 39/2001 e do Proxecto de Decreto de Declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia de decembro de 2011.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán reuniuse coa Asociación de Veciños da Rocha Vella
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Raxoi coa Asociación de Veciños "Serafín Zas" da Rocha Vella.
TURISMO
Compostela presenta en Helsinki un libro sobre o Camiño de Santiago
Turismo de Santiago, a editorial Helsinkibooks e a Oficina Española de Turismo en Helsinki presentarán na capital finesa o libro Tatina taipaleella (Unha maneira diferente de facer o Camiño), nado da experiencia de dúas xornalistas, Pirkko Vekkeli e Liisa Jappinen, que tras visitar Compostela dedicaron anos a percorrer a ruta de peregrinación por etapas.
TURISMO
Entrega dos Premios Picadillo na ultima xornada do Fórum Gastronómico
O primeiro tenente de alcalde, Ángel Currás, asistiu no Palacio de Congresos e Exposicións á entrega dos Premios Picadillo, dentro Fórum Gastronómico Santiago 2012.
ALCALDÍA
A ministra de Fomento visitará Santiago nunhas semanas para concretar o futuro das infraestruturas pendentes da cidade
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Madrid coa ministra de Fomento, Ana Pastor. No encontro abordáronse asuntos relativos ás infraestruturas pendentes da cidade e o alcalde puido explicarlle á ministra a súa iniciativa de levar o AVE Atlántico ata o aeroporto de Lavacolla.