EDUCACIÓN
As formacións da Escola Municipal de Música interpretaron obras de Händel no Auditorio de Galicia
O Auditorio de Galicia acolleu a interpretación do musical O mundo de Händel, a cargo da Escola Municipal de Música.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberto prazo de inscrición no Obradoiro de pequenos cineastas incluído no programa Compostela Cine Classics
O programa Compostela Cine Classics’12 inclúe entre as súas actividades un Obradoiro de pequenos cineastas, que desenvolverá os mércores 25 de abril e 2 e 9 de maio e os xoves 26 de abril e 3 e 10 de maio no Centro Sociocultural das Fontiñas. A inscrición neste singular obradoiro estará aberta ata o 18 de abril.
FACENDA E URBANISMO
O plan de axuste 2012-22 inclúe a absorción municipal de Emuvissa, que permitirá o aforro duns 13 millóns de euros neste período
O Pleno municipal aprobou nunha sesión extraordinaria o plan de axuste 2012-2022 que o Concello remitirá ao Ministerio de Facenda e a Administracións Públicas. O obxecto deste programa, segundo explicou a concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, é "acomodar orzamentariamente a débeda de 15 millóns de euros que o Concello asumirá nos vindeiros dez anos para facer fronte aos pagos pendentes a provedores". Este Plan inclúe como medida máis destacada a absorción polo Concello da Empresa Municipal de Vivenda e...
CULTURA
Seis novos concertos no ciclo Sons 2012
Logo de The Gift, The Idan Raichel Project e Leilía, o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron os seis novos concertos cos que finalmente queda conformado o ciclo Sons 2012. Así, a galega Orquesta Voland; o post-rock de Tortoise, chegados dende Chicago; e o folk-fusion de Eliseo Parra, estarán en abril e maio. En xuño chegarán as Noites de Fado con Mafalda Arnauth e Ana Lains, e o peche do ciclo co pop-folk celta da irlandesa Sharon Corr. O concelleiro...
ALUMEADO PÚBLICO
Santiago de Compostela súmase á Hora do Planeta co apagado do alumeado monumental do Concello e da Catedral
O Concello de Santiago sumarase este sábado, 31 de marzo, á Hora do Planeta. Por iso, dende as 21:00 ás 22:00 horas, permanecerá apagado o alumeado monumental do Concello e da Catedral. Tamén se desconectará o alumeado público na avenida de Lugo, dende o Hórreo ata San Caetano.
BENESTAR SOCIAL
Escasa incidencia do consumo de alcohol na rúa na noite do xoves 29
O Departamento de Benestar Social e UMAD detectou na noite do xoves 29 de abril unha escasa incidencia de consumo de alcohol na rúa. Nos espazos onde habitualmente se viñan celebrando concentracións de mozos, o lixo que se recolleu foi considerablemente menor que hai uns meses, como constatan as fotos que adxuntan á noticia, realizadas respectivamente na noite do xoves 29 de marzo e na noite dun xoves do mes de outubro de 2011.
FOLGA XERAL
O seguimento da folga xeral no Concello de Santiago foi do 38,71%
O seguimento da folga xeral entre os traballadores do Concello de Santiago foi do 38,71%, segundo os datos ofrecidos pola concelleira de Persoal, Amelia Gónzalez, quen tamén fixo balance dos incidentes producidos durante a xornada. "Agardo que os sindicatos se desmarquen e condenen eses comportamentos violentos producidos en diferentes puntos da cidade", indicou ao respecto.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Preto de 2.000 músicos participarán en Santiago na primeira fase da XXII Liga Galega de Bandas de Gaitas
O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, e o presidente da Federación Galega de Bandas de Gaitas (FGBBGG), Hipólito Cabezas, presentaron a I Fase da XXII Liga Galega de Bandas de gaitas, que se desenvolverá no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia o sábado 31 de marzo. Participarán 32 bandas e preto de 2.000 músicos de toda Galicia, España e Portugal. O acceso é libre e gratuíto.
ALCALDÍA
Santiago e Härryda (Suecia) intercambian experiencias sobre a prevención do consumo de alcohol en menores
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, recibiron un grupo de profesionais da saúde pública do municipio de Härryda (Suecia), que participan nun programa de prevención do consumo de alcohol en menores no marco do programa europeo "Grundtvig".
PLENO
Aprobada definitivamente a modificación da ordenanza reguladora da ORA e do estacionamento de residentes
A Corporación aprobou definitivamente a modificación da ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da ORA e do estacionamento de residentes, unha vez aceptadas dúas das alegacións presentadas. Na sesión ordinaria de marzo do Pleno tamén se deu o visto bo inicial á ordenanza reguladora da instalación de ascensores e á modificación da relativa á tramitación de actividades.