EDUCACIÓN
O traballo escolar entorno á danza exhibirase no Auditorio a través de 16 coreografías
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, presentou o VII Certame de Danza Intercentros, enmarcado no programa Compostela en Danza. 173 bailarinas de entre 3 e 18 anos amosarán ao público o froito do traballo en torno á danza realizado ao longo do curso. A cita é o domingo 3 de xuño, ás 19:00 horas, na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.
EDUCACIÓN
Péchase o ciclo de concertos didácticos nos centros de infantil e primaria
O venres 1 de xuño terá lugar a última sesión do 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago, organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música. Os centros nos que poñerá o broche final ata o vindeiro curso serán o CEIP As Fontiñas, cunha sesión ás 10:00 h, e no CEIP Monte dos Postes, ás 11:30 h.
ECONOMÍA
Máis de 200 persoas participaron en maio nas accións do Santiago Investors Support
As actividades de maio do Santiago Investors Support rexistrou a asistencia de máis de 200 persoas. Este programa da Concellería de Economía para a dinamización do tecido económico da cidade desenvolveu en maio cinco actividades, catro delas no CERSIA e unha no IES Lamas de Abade.
ALCALDÍA
O Concello, a Cámara de Comercio e Amigos do Ferrocarril organizan un ciclo de conferencias sobre o tren en Galicia
O Concello de Santiago, a Cámara de Comercio e a Federación Española de Asociacións de Amigos do Ferrocarril (FEAAF) organizan un ciclo de conferencias ferroviarias que se celebrará no mes de xuño. O obxectivo deste ciclo é coñecer o funcionamento e o estado actual da rede ferroviaria galega e as novas medidas e políticas en materia ferroviaria que tomarán nun futuro inmediato.
PLENO
O Pleno municipal aproba inicialmente a ordenanza de ocupación da vía pública
O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de maio, aprobou inicialmente a nova ordenanza de ocupación da vía pública, abrindo o período de alegacións á mesma. Xa de xeito definitivo e en materia de urbanismo, deuse o visto bo á norma que regulará a inspección técnica de edificacións e aceptouse a delegación da competencia para autorizar intervencións no perímetro azul.
DEPORTES
Xornadas de iniciación á escalada
O Concello de Santiago quere dar a coñecer o deporte da escalada. Con este fin organiza unhas xornadas gratuítas enfocadas a todas aquelas persoas que queiran iniciarse neste deporte, con independencia da súa idade e condición física.
BENESTAR SOCIAL
Inaugurado no CSC da Trisca o ciclo de conferencias "O profesional responde"
Tras a boa acollida obtida no Centro Sociocultural de Vite, o Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS, inaugurou no CSC da A Trisca o ciclo de conferencias O profesional responde cunha charla sobre cuestións básicas relativas ás transmisións patrimoniais.
MEDIO AMBIENTE
Iniciado o trámite de impacto ambiental da depuradora da Silvouta
A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, anunciou que o Concello vén de recibir a memoria inicial coa que se inicia o trámite de impacto ambiental da futura estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta. Comeza así un procedemento complexo que levará á definitiva declaración de impacto ambiental e á licitación do proxecto en 2013.
ALCALDÍA
Nova edición do maratón de lectura da Fundación Eugenio Granell no centenario do nacemento do polifacético artista
A Fundación Eugenio Granell organizou unha nova edición do seu tradicional Maratón de Lectura. Neste ano especial, coa celebración do centenario do nacemento de Eugenio Granell dedicouse a sesión ao polifacético artista, quen tamén destacou na súa faceta literaria.
ECONOMÍA
O CERSIA acolleu unha xornada sobre produtos para a xubilación
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, inaugurou a Xornada "Produtos para a xubilación en tempos de crise", organizada pola Unión de Consumidores de Galicia e celebrada no edificio CERSIA, en San Lázaro. A sesión contou con varios relatorios sobre cuestións como as fórmulas de traspaso ou as participacións preferentes.