PLENO
O Pleno aproba definitivamente os orzamentos municipais 2012
O Pleno municipal aprobou finalmente, cos votos favorables do grupo de Goberno, o orzamento e o cadro de persoal do Concello para o ano 2012, unha vez estudadas as alegacións presentadas.
EDUCACIÓN
As Escolas de Verán foron clausuradas cunha xornada lúdica no pavillón do Restollal
O programa de conciliación familiar Escolas de Verán 2012 foi clausurado cunha xornada lúdica no pavillón polideportivo do Restollal. Alí déronse cita os participantes desta iniciativa, que durante o mes de xullo atendeu as necesidades de conciliación das familias dos 225 nenos e nenas da cidade dende o segundo ciclo de Educación Infantil ao terceiro ciclo de Educación Primaria.
INFRAESTRUTURAS
A glorieta en construción entre Rodríguez de Viguri e o Camiño Francés permite xa unha circulación máis fluída na zona
A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, visitou as obras de construción da nova glorieta entre a avenida Rodríguez de Viguri e o Camiño Francés, que permitirá eliminar a rede semafórica desta zona. Esta obra, xunto coa glorieta no entorno do Centro Comercial das Cancelas, tamén en construción, e o paso inferior do Camiño Francés, xa en funcionamento, forman parte das infraestruturas para a mellora do tráfico subscritas por convenio entre o Concello e a promotora da superficie comercial. Estas...
ALCALDÍA
O Museo Casa da Troia abra as súas portas ás visitas durante o verán
O Museo Casa da Troia abriu de novo as súas portas ao público nun acto ao que asistiron, entre outros, o alcalde, Ángel Currás; o concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya; o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez; e o reitor da USC, Juan Casares. O Museo poderá visitarse durante todo o verán, polas mañás en horario de 11:00 a 14:00 horas e polas tardes de 16:00 a 20:00 horas. Estará pechado os domingos pola tarde e os luns durante todo o día.
CONSORCIO
Máis de 5.000 persoas xa visitaron a exposición "Compostella dicitur" na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago
Xusto cando se cumpre unha semana dende a súa apertura ao público, máis de 5.000 persoas xa se aproximaron ata a nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago que aloxa a exposición inaugural Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Por procedencias, o 40% dos visitantes foron persoas do propio municipio de Santiago. Do resto de Galicia foi un 13% e do resto de España un 22%. Os demais visitantes proceden na súa maioría de países europeos, algo máis dun 15%, e doutros países (destacan neste sentido...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Unha gran festa pechou as actividades das "Mañás de verán e de xogo"
As Mañás de verán e de xogo do programa Vive o verán, organizadas pola Concellería de Centros Socioculturais, finalizaron cunha gran festa. Estas actividades matinais foron todo un éxito, confirmando o acerto da incorporación das parroquias, o que supuxo un forte impulso para os locais que en anos anteriores permanecían pechados.
CULTURA
"Verán na rúa": a actividade cultural chega ás rúas de Compostela en agosto
A Concellaría de Cultura presenta no mes de agosto unha programación cultural participativa e de calidade para composteláns e visitantes, que inclúe propostas tan diferentes como o Festival Internacional de Percusión (FIP Santiago), Curtocircuíto na Rúa e unha variada oferta dedicada especialmente ao público familiar e infantil. Estas actividades encherán de música, cine, teatro ou circo algúns dos espazos máis emblemáticos da cidade, como as prazas da Quintana, Toural, San Martiño Pinario e...
XUVENTUDE
Os nenos e nenas participantes nas actividades de verán do Centro Don Bosco visitaron o Pazo de Raxoi
O alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás, e o concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, recibiron a visita no pazo de Raxoi dos máis de 50 rapaces que están a participar na XXXI edición do campamento urbano organizado polo Centro Xuvenil e a Escola de Tempo Libre Don Bosco.
EDUCACIÓN
Educadores de Galicia e Cabo Verde fórmanse no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, presentou o intercambio que un grupo de formadores galegos e caboverdianos están mantendo no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela (Figueiras). Forman parte de Altair, unha asociación educativa internacional que traballa nun proxecto de educación no tempo libre dirixido a rapazas e rapaces de entre 8 e 18 anos.
TURISMO
Turismo de Santiago participou en Noruega nun workshop sobre os camiños de peregrinación europeos
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou nun workshop sobre os Camiños de peregrinación europeos que se celebrou en Trondheim, Noruega, cidade de referencia do Camiño de San Olav. A xornada de traballo organizouse dentro do programa europeo "Per Viam", no que participan 19 entidades de Italia, Reino Unido, Luxemburgo, Francia, Noruega e España.