ALCALDÍA
Homenaxe en Lavacolla a José Mosquera Pérez, "O vello dos contos"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu, xunto cos concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Medio Rural, Luis Bello, ao acto de homenaxe a José Mosquera Pérez, "O vello dos contos", celebrado en Lavacolla.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Nova ruta didáctica do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
Continúa o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias de Compostela, Cultura Viva, Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.
ALCALDÍA
O Concello recupera o xardín do Pazo de Amarante para o uso cidadán
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asinaron o convenio de colaboración para o acceso público ao xardín do Pazo de Amarante. O Concello faise cargo da vixilancia e conservación deste espazo, agora recuperado para os cidadáns.
ALCALDÍA
Encontro co barista Óscar de Toro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiron en Raxoi a Óscar de Toro, barista profesional e subcampión Barista de Galicia.
MEDIO AMBIENTE
Acométese o valado do vertedoiro de Aríns e a análise dos seus residuos e escorrentías
A concelleira Medio Ambiente, María Castelao, deu conta da aprobación das obras que a empresa Vertresa, filial de Urbaser, realizará no clausurado vertedoiro de Aríns. A empresa concesionaria investirá 100.000 euros nunha actuación destinada a impedir o acceso ao vertedoiro de toda persoa allea ao mesmo e a determinar a situación real dos residuos alí existentes e a súa incidencia sobre solo e augas.
ECONOMÍA
Máis de 200 persoas asistirán ás Xornadas Internacionais de Coaching de Santiago
A concelleira de Economía, Reyes Leis, e a coordinadora do evento, Marcela Parga, presentaron ás Xornadas Internacionais de Coaching (XIC) de Santiago, que se celebrarán os días 11 e 12 de outubro no edificio municipal CERSIA. Esta será a cuarta edición deste evento, a segunda consecutiva que se celebra no CERSIA coa colaboración do Concello.
CULTURA
Christoph Prégardien, protagonista do concerto de clausura do XIII Ciclo de Lied
O sábado 29 clausúrase o XIII Ciclo de Lied cun concerto do tenor Christoph Prégardien acompañado ao piano por Roger Vignoles. Será a partir das 21:00 horas no Teatro Principal.
ALCALDÍA
Entregados os Premios Rosalía de Castro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistíu no Pazo de Fonseca á IX edición dos Premios Rosalía de Castro, convocados polo Pen Club Galicia.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os máis pequenos achegáronse ao cine a través da lingua galega
A caravana de Galego de cine convocou os máis pequenos no Toural para visionar 12 curtametraxes en galego e converterse en pequenos cineastas.
URBANISMO
O Goberno autonómico aproba a delegación no Concello das competencias para autorizar obras no ámbito do perímetro azul
O Consello da Xunta aprobou mediante decreto a delegación no Concello de Santiago das competencias para autorizar obras no ámbito do chamado perímetro azul. Estas autorizacións eran ata agora emitidas pola Dirección Xeral de Patrimonio, o que se traducía en demoras de entre dous e tres meses nos expedientes das licenzas.