ALCALDÍA

Santiago e Vedra unirán esforzos en materia de comunicacións viarias e turismo

31/01/2012

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, prosegue coa súa rolda de contactos cos rexedores dos municipios da bisbarra. Desta vez foi o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, o que pasou por Raxoi para falar de cuestións como as melloras das comunicacións entre os dous concellos ou accións de promoción turística conxuntas.

CULTURA

Erik Truffaz 4tet, Joe Lovano Quartet e The Bad Plus dentro do ciclo Jazz in Blue

31/01/2012

O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron un novo ciclo musical, desta vez centrado arredor do jazz: o Jazz in Blue. Este ciclo ofrécenos a oportunidade de achegarnos a unha música radicalmente creativa, recoñecida a nivel internacional e de incontestable calidade, realizada por tres artistas que marcan moitos dos camiños polos que transcorre o mellor jazz actual; Erik Truffaz 4tet, Joe Lovano Quartet e The Bad Plus.

TURISMO

A praza do Obradoiro acolle o venres un "atranque" do Entroido da Ulla

30/01/2012

A praza do Obradoiro acollerá o venres 3 de febreiro, ás 12:00 horas, un tradicional "Atranque" do "Entroido da Ulla – Xenerais da Ulla", como exemplo das múltiples actividades que terán lugar durante o mes de febreiro nos oito concellos onde esta festividade ten máis calado e que por primeira vez colaboran na súa promoción conxunta: Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

TURISMO

O Fórum Gastronómico abre as inscricións

30/01/2012

Xa é posible inscribirse no Fórum Gastronómico que terá lugar do 26 ao 28 de febreiro en Santiago. A través do portal web www.forumsantiago.com todos os profesionais, gourmets e interesados poden asegurar a súa praza nas distintas actividades da cita. O Fórum celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e converterase no escaparate para todo o sector agroalimentario galego e no punto de encontro enogastronómico profesional.

Compartir: