CULTURA
"El eunuco", versión libre de Jordi Sánchez & Pep Antón Gómez da obra de Terencio, este domingo en Compostela
El eunuco, coprodución de Mixtolobo e o Festival Internacional de Teatro de Mérida, chega este domingo a Compostela. Trátase dunha versión divertida, trepidante e felizmente libre de Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez. Nove personaxes entolecidos polo amor, o diñeiro, a paixón, o orgullo, os celos e os equívocos. E outras tantas historias que se entrecruzan nunha montaxe que transita sen rubor polo teatro clásico grecolatino e o musical, a comedia de situación e o vaudeville. Nove personaxes, outras...
COMERCIO
Estrea Estilo celebra este domingo a gran festa do pequeno comercio con actividades de balde durante todo o día
Estrea Estilo, iniciativa promovida pola Concellaría de Comercio, presentará este domingo as coleccións de primavera-verán das tendas da cidade en diversos espazos do Pazo de San Lourenzo. Durante a xornada, a gañadora do cheque-agasallo de 200 €, premiada grazas á súa compra en Patucos & Co o pasado mes de abril, poderá trocar o seu premio por prendas e produtos dos comercios participantes.
ALCALDÍA
O alcalde asistiu á conferencia do Nobel da Paz Kailash Satyarthi
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asisiu no IES Rosalía de Castro á conferencia de Kailash Satyarthi, Premio Nobel da Paz en 2014.
ALCALDÍA
Entrega de trofeos do XIV Concurso de Patrullas Tui-Santiago da Brilat Galicia VII
A praza do Obradoiro acolleu o acto de entrega de trofeos da 14ª edición do Concurso de Patrullas Tui-Santiago da Brilat Galicia VII. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na cerimonia.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba un cambio nas datas de ocupación da Alameda durante as festas da Ascensión e do Apóstolo
A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria celebrada este xoves, acordou acceder á petición do adxudicatario da autorización da ocupación de vía pública na Alameda para a colocación de postos durante as festas da Ascensión e do Apóstolo. Xa na sesión ordinaria celebrada na tarde deste venres, deuse o visto bo a novas axudas para a rehabilitación de vivendas no Casco Histórico e a tres convenios con entidades culturais.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural das Fontiñas acolle ata o 20 de maio a exposición "Compostela interpreta aos pioneiros da fotografía"
Ata o vindeiro 20 de maio, o Centro Sociocultural das Fontiñas acolle a exposición fotográfica Compostela interpreta aos pioneiros da fotografía, organizada pola Asociación Cultural Fotoforum de Compostela.
CONSORCIO
A Real Filharmonía interpreta este luns tres sinfonías de Haydn para o público de Vigo
A Real Filharmonía de Galicia desprazarase a vindeira semana a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación. A cita terá lugar o luns, 11 de maio, ás 20:30 horas. A batuta levaraa o violinista principal da RFG, James Dahlgren.
ALCALDÍA
Agustín Hernández asistiu en Pontepedriña á celebración do cuarto aniversario da residencia de maiores Geriatros
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asistiron ao acto con motivo do cuarto aniversario da residencia de maiores Geriatros, en Pontepedriña.
CULTURA
Música e teatro na xornada cultural do sábado
Na programación cultural do sábado temos catro citas coa música e o teatro. Comeza a xornada ás 20:00 horas con música: no Auditorio de Galicia teremos as Orquestras Xuvenil e Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música da cidade dentro do ciclo Novas Orquestras, mentres que a Asociación de Amigos da Ópera ofrece no Principal o seu Recital Lírico con motivo do Día Mundial da Ópera.