FESTAS
Música e fogos artificiais para despedir outra edición das Festas do Apóstolo
As Festas do Apóstolo pecháronse, como é xa habitual, cos fogos fin de festa no Campus Sur. No aspecto musical, as celebracións concluíron coas propostas da Charanga Mekánika en Praterías, de La Maravillosa Orquesta del Alcohol no Atardecer no Gaiás, de Juan Perro & La Zarabanda na Quintana e a orquestra Olympus na praza do Obradoiro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis de 200 rapaces participaron nas Mañás de Verán e de Xogo dos centros socioculturais durante o mes de xullo
Co remate do mes de xullo chega tamén o fin do programa das actividades das Mañás de verán e de xogo nos centros socioculturais de Vite, Fontiñas, Santa Marta, Conxo e Nemenzo, así como dos dous campamentos realizados polas asociacións veciñais de Figueiras e da Gracia nos respectivos locais socioculturais durante todo este mes.
EDUCACIÓN
Clausurada a edición de xullo do programa de conciliación da Concellería de Educación
As actividades do programa municipal de conciliación da Concellería de Educación quedaron clausuradas na súa edición de xullo cunha saída á Granxa do Xesto. A esta iniciativa, que se celebra no CEIP das Fontiñas, aínda que lle queda outra convocatoria en setembro.
XUNTA DE GOBERNO
Agustín Hernández transmitiralle ao secretario de Estado de Medio Ambiente a necesidade de axilizar a tramitación das melloras da EDAR
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, deu conta da aprobación pola Xunta de Goberno do convenio a subscribir pola Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, o Concello de Santiago e a Sociedade Estatal Augas das Concas de España para a execución e explotación das obras de mellora da EDAR da Silvouta. Sobre esta materia, falará mañá venres co secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos, nunha reunión en Madrid.
PLENO
Ábrese a porta para melloras na accesibilidade e na estética do ámbito das Casas de Ramírez
O Pleno da Corporación aprobou definitivamente o estudo de detalle do ámbito das Casas de Ramírez, ao que non se presentaron alegacións. Na sesión ordinaria de xullo tamén se outorgou o visto bo ao calendario de festivos locais para 2015 e deuse conta do informe de morosidade do segundo trimestre de 2014.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba obras en rúas da cidade por importe de 2,3 millóns de euros
O alcalde e voceiro da Xunta de Goberno, Agustín Hernández, fixo un repaso en rolda de prensa dos asuntos tratados na sesión ordinaria deste mércores, entre os que figurou a licitación da segunda fase das obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade en Vista Alegre, o inicio da contratación das obras de reurbanización da rúa Carretas e a aprobación dun convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a mellora da rúa Carreira do Conde. En total, estas tres actuacións suman un...
ALCALDÍA
O alcalde cualifica de "moi positivo" para a cidade o anuncio de Ruiz-Gallardón de manter a demarcación xudicial de Santiago
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, valorou e cualificou de "moi positivo" o anuncio feito polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón de manter a demarcación xudicial de Santiago. Así, expresou a súa satisfacción porque "se tivera escoitado á sociedade civil nun asunto clave no futuro da cidade".
ALCALDÍA
O alcalde salienta as oportunidades de promoción que ofrece para Santiago a finalización da Volta Ciclista a España
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, destacou a oportunidade de promoción deportiva, cultural e turística que supón para Santiago ser fin da Volta Ciclista a España 2014. Así o indicou na presentación da proba celebrada este xoves na Cidade da Cultura.
PLENO
Os retratos dos Reis de España, doados por Rafael Masiá, presiden xa o salón de plenos
O salón de plenos do Pazo de Raxoi conta xa con retratos dos novos Reis de España, Don Felipe e dona Letizia, doados polo artista compostelán Rafael Romero Masiá. Os cadros substitúen aos de Don Juan Carlos e dona Sofía, que tamén foran realizados polo mesmo pintor.
ALCALDÍA
O día da Ascensión e San Xoán volverán a ser os festivos locais no ano 2015
Un dos asuntos que se someterá á aprobación do Pleno municipal deste xoves é a determinación dos festivos locais en 2015. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, comunicou que, tal como sucedera este ano, os festivos serán os días da Ascensión e de San Xoán.