EDUCACIÓN

Terceira xuntanza de coordinación do plan de obras de verán nos centros escolares

30/06/2014

A concelleira de Educación, Reyes Leis, mantivo con técnicos de Educación e de Urbanismo unha nova xuntanza de coordinación en relación ao plan de obras previsto para este verán nos centros de ensino do municipio. No marco deste programa, o alcalde, Ángel Currás, e a propia edil visitaron a Escola Infantil do Tambre, na que en xullo se renovará o sistema de climatización.

CULTURA

Fabio Biondi e Kenneth Weiss interpretan as sonatas para violín e clave de Bach

30/06/2014

Dous dos grandes nomes da corrente interpretativa "historicista", e da música en xeral, dous senlleiros artistas como o palermitano Fabio Biondi e o neoiorquino Kenneth Weiss únense nun concerto monográfico dedicado ás sonatas para violín e clave de Johann Sebastian Bach dentro do Via Stellae. Escritas mentres prestaba os seus servizos en Weimar e Cöthen, estas espléndidas sonatas son un magnífico exemplo da profundidade expresiva e o perfeccionista dominio técnico deste mestre da composición. Poderemos...

DEPORTES

Ábrese o prazo de solicitude de uso das instalacións deportivas municipais para a tempada 2014-2015

30/06/2014

Co fin de poñer en funcionamento as instalacións deportivas municipais (pavillóns, campos de fútbol, pistas de atletismo…) para a vindeira tempada, a Concellería de Deportes pon en coñecemento de todas as entidades que teñan previsto participar en actividades de carácter periódico (principalmente as de competición e as vinculadas aos centros de ensino) e que estean interesadas no uso das devanditas instalacións, que o prazo oficial de solicitude estará aberto do martes 1 ao xoves 24 de xullo.

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Xornada de xogo e convivencia para celebrar o fin de curso sociocultural

28/06/2014

Arredor de 90 rapaces, inscritos nas actividades regulares dos distintos centros socioculturais dos barrios e parroquias de Santiago, gozaron dunha xornada de convivencia e xogo como remate do curso sociocultural, no marco do programa Vive o verán. A festa celebrouse no Local Sociocultural da Gracia.

Compartir: