FESTAS
Preto de dous mil maiores disfrutaron da súa festa no recinto feiral de Amio
Celebrouse no recinto feiral de Amio a décimo sexta edición da Festa dos Maiores, que contou cunha asistencia de entre 1.800 e 2.000 participantes.
EDUCACIÓN
O sábado remata a Campaña de Animación á lectura con dous concertos especiais
A XIV Campaña Municipal de Animación á Lectura celebra o acto de clausura coa presentación do libro-disco Brinca Vai!. Ademais, a Escola Municipal de Música de Santiago colaborará en dito evento cun concerto na praza do Toural. A concelleira María Castelao asistirá ao acto.
FESTAS
Continúan as Festas da Ascensión co concerto de Os Resentidos
Chegados ao ecuador das Festas da Ascensión, están programadas para esta tarde e o fin de semana diversas actividades musicais, deportivas e de lecer para todos os públicos. Unha desas citas é o concerto de Os Resentidos.
SEGURIDADE CIDADÁ
O luns 2 ábrese o prazo para solicitar os permisos para as cacharelas de San Xoán
O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, deu conta das normas de seguridade e de xestión de permisos para as cacharelas en espazos públicos e privados na noite San Xoán, que foron aprobados na última sesión da Xunta de Goberno. O prazo de solicitude destas fogueiras estará aberto do 2 ao 16 de xuño e non se atenderá ningunha das que se presente fóra do mesmo, nin antes nin despois.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello promove unha iniciativa para potenciar a produción hortícula do rural a través de cooperativas
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, xunto cos concelleiros Luis Meijide e José María Rosende e o director-xerente de AGACA, Higinio Mougán, presentaron esta mañá en rolda de prensa a iniciativa Cinturón Verde de Santiago, un plan de información e divulgación da potencialidade produtiva hortícola no contorno rural levada a cabo pola Rede Eusumo.
FESTAS
Santiago celebrou o día grande das Festas da Ascensión con gran asistencia de público
Un ano máis, as Festas da Ascensión abriron o seu día grande coa celebración da Feira Cabalar. Milleiros de persoas presenciaron no recinto feiral de Amio os distintos concursos morfolóxicos e de doma.
ECONOMÍA
Área Central acolle a quinta edición de Getting Contacts con 145 participantes
A participación total, que superou as previsións iniciais, avala o modelo deste encontro empresarial organizado polo departamento de Economía do Concello.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba as listas definitivas de admitidos nas escolas municipais infantís
A voceira da Xunta de Goberno, María Pardo, deu conta en rolda de prensa dos acordos da última sesión. Un dos máis salientables foi a aprobación das listaxes definitivas para as escolas infantís municipais.
TURISMO
Turismo de Santiago participa por primeira vez na feira turística máis importante de Corea do Sur
Corea do Sur é o país que viviu un maior crecemento porcentual en número de peregrinos nos últimos anos, pasando de 18 en 2004 a 2.774 en 2013. Corea suma xa máis peregrinos que países con maior tradición no Camiño, como Polonia, Brasil ou Bélxica.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
A rúa de San Pedro abrirase á circulación de autobuses e servizos básicos a segunda semana de xuño
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, achegouse ao barrio de San Pedro para comprobar as últimas probas que permitirán abrir ao tráfico a rúa. Incialmente só poderán circular autobuses e servizos básicos. Esta vía estivo pechada durantes varios meses por mor das obras de mellora da zona.