URBANISMO

O Concello actualizará a súa cartografía

31/01/2014

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou a próxima licitación dun contrato para a actualización da cartografía municipal. Cun tipo de licitación de 100.000 euros e un prazo de execución de nove meses, agárdase que os traballos estean rematados para principios do ano 2015.

CULTURA

Luma Gómez presenta "A tixola polo mango" dentro do ciclo Falabaratos

31/01/2014

Luma Gómez presenta o monólogo A tixola polo mango (Muller, non é para tanto) dentro do ciclo Falabaratos. Dirixida por Eduardo Alonso, estará este sábado 1 de febreiro, a partir das 20:00 horas, na Sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta). O espectáculo repetirase de novo o sábado 8 á mesma hora.

ALCALDÍA

Santiago de Compostela, meta do Camiño e da Volta Ciclista a España 2014

30/01/2014

A Volta Ciclista a España concluirá en Santiago de Compostela na edición de 2014. Será cunha etapa contrarreloxo individual que sairá da Cidade da Cultura e rematará na praza do Obradoiro. Os detalles desta etapa especial ofrecéronse nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde compostelán, Ángel Currás; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; a directora xeral de Turismo, Nava Castro; a directora-xerente da Cidade da Cultura,...

DEPORTES

A cidade convértese na capital da patinaxe artística galega e española

30/01/2014

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XIII Campionato Galego de Grupos Show 2014, que se celebrará no Pavillón Municipal de Santa Isabel o sábado 1 e o domingo 2 de febreiro. A competición, organizada polo Club Deportivo Fontiñas coa colaboración do Concello de Santiago, reunirá a 323 patinadoras e patinadores de 17 clubs galegos, dos cales dous son composteláns, o propio C.D. Fontiñas e o Club de Patinaxe Campus Stellae.

Compartir: