DEPORTES

Preto de 1.000 corredores participaron na I San Silvestre de Santiago

31/12/2013

Celebrouse a primeira edición da San Silvestre de Santiago, unha proba que culminou dunha forma sa e festiva o ano atlético na cidade. A carreira saíu da avenida Antonio R. Ibáñez (Campus Vida) e finalizou na Porta dos Leóns da Alameda. Preto de 1.000 corredores participaron na carreira, gañada finalmente polo atleta compostelán Pedro Nimo.

OFRENDA DE TRANSLACIÓN

Reyes Leis pídelle ao Apóstolo Santiago "alivio" ante as fatalidades de 2013 e "alento" para os que buscan emprego

30/12/2013

A primeira tenente de alcalde, Reyes Leis, exerceu de delegada rexia na Ofrenda de Translación dos restos do Apóstolo, en substitución do alcalde compostelán, Ángel Currás, inicialmente designado pola Casa Real, pero ausente polo falecemento da súa nai. A oferente fixo un repaso polo acontecido en 2013, con especial lembranza á traxedia do tren descarrilado en Angrois, e pregoulle ao Santo por un 2014 con emprego, igualdade de oportunidades e solidariedade.

BENESTAR SOCIAL

A campaña "Compar-T un xoguete" reúne 1.630 xoguetes para preto de 300 nenos

30/12/2013

A campaña Compar-T un xoguete, posta en marcha polo Equipo de Dinamización Social do programa Urbana Santiago Norte en colaboración coa Cruz Vermella de Santiago, permitirá repartir, ao longo das xornadas do xoves 2 de xaneiro e do venres día 3 un total de 1.630 xoguetes, grazas á colaboración desinteresada de particulares e diferentes entidades.

OFRENDA

A primeira tenente de alcalde, Reyes Leis, delegada rexia na Ofrenda de Translación dos restos do Apóstolo

29/12/2013

Por mor do falecemento de dona Gloria Fernández Aenlle, nai do alcalde de Santiago, Ángel Currás, designado inicialmente coma delegado rexio na cerimonia da Translación dos restos do Apóstolo, a Casa Real vén de confirmar que será a primeira tenente de alcalde, Reyes Leis, a encargada da Ofrenda Nacional. Exercerá coma secretario o terceiro tenente de alcalde, Francisco Noya.

CONSORCIO

Rematada a restauración do retablo da igrexa parroquial de Nemenzo

29/12/2013

O Consorcio de Santiago rematou a restauración do retablo da igrexa parroquial de Santa Cristina de Nemenzo, parroquia situada na zona norte do concello compostelán. O tenente de alcalde Francisco Noya; o concelleiro Luis Meijide e a xerente do Consorcio, María Antón, visitaron o templo –onde se celebrou unha misa- para coñecer in situ o resultado dos traballos. Cun orzamento de 19.335 euros, as actuacións comezaron a finais do pasado mes de xullo. A obra realizouna o restaurador Andrés Martínez Rey, xunto coas restauradoras...

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural de Santa Marta celebrou o seu primeiro aniversario

28/12/2013

O Centro Sociocultural de Santa Marta celebrou o seu primeiro aniversario cos veciños e veciñas do barrio. Pola mañá, o malabarista Yuma agradou a nenos e nenas, pais e nais, dándolles unhas nocións básicas de malabares. Xa pola tarde, para todos os públicos, representouse o musical Sorrisos e bágoas, coa interpretación de cancións como "Edelweiss", "Amazing grace", "Beautiful that way" ou "What a wonderful world". O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco...

FESTAS

Recollida de alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica nunha xornada de "Humildade pola solidariedade"

28/12/2013

A Concellería de Festas colaborou por segundo ano consecutivo na Humildade pola solidariedade, unha xornada solidaria e festiva organizada pola Confraría da Humildade que se celebrou na igrexa de Santa María do Camiño. Os alimentos non perecedoiros recadados irán destinados á Cociña Económica. O concelleiro de Festas, Francisco Noya, achegouse ata o templo pola tarde.

EDUCACIÓN

Continúan as actividades do programa de conciliación de Nadal de Educación

27/12/2013

A concelleira de Educación, María Castelao, visitou no CEIP das Fontiñas o programa de conciliación de Nadal, que se desenvolve ata o 8 de xaneiro. A iniciativa comprende un conxunto de actividades educativas, deportivas e de lecer dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

EMPREGO

Sesenta persoas participan nos cursos do programa integrado "Emprego Santiago II"

27/12/2013

A concelleira de Emprego, Reyes Leis, visitou unha acción do programa integrado Emprego Santiago II. 60 persoas participan neste programa experimental, que combina accións de información, orientación, asesoramento, formación, prácticas laborais e acompañamento á inserción. Ten como obxectivo promover a inserción laboral de desempregados a través do desenvolvemento dun itinerario integrado de inserción.

Compartir: