MULLER E IGUALDADE

Clausurado o Congreso de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero

30/11/2013

A concelleira de Muller e Igualdade, María Castelao; xunto co presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, clausuraron o I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, que se celebrou no Hotel Oca Puerta del Camino.

ALCALDÍA

Un novo cruceiro en Angrois lembra as vítimas do accidente ferroviario

30/11/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu o acto de inauguración do novo cruceiro da parroquia de Angrois, situado no campo da festa e que lembra as vítimas do accidente ferroviario do 24 de xullo. Tras á cerimonia, á que tamén asistiron outros membros da Corporación, celebrouse un magosto organizado pola Asociación de Veciños da parroquia, coa colaboración do grupo de gaitas e pandereteiras da Colexiata de Sar.

XUVENTUDE

Hellorice gaña o VI Certame MúsicaXove

30/11/2013

A Sala Capitol acolleu o concerto final do VI Certame MúsicaXove, no que actuaron os catro grupos finalistas: Turbolaser (Santiago), Hellorice (Santiago), Persé (Teo) e Neko e Daso (Poio). Rematadas as actuacións, fíxose pública a decisión do xurado, que elixiu como gañador desta edición a Hellorice. Turbolaser obtivo o segundo premio e Persé levou o premio especial do xurado.

ALCALDÍA

Angrois inaugura cruceiro en lembranza das vítimas do accidente ferroviario

29/11/2013

Este sábado, ás 17:30 horas, inaugurarase no campo da festa de Angrois o novo cruceiro da parroquia, en lembranza ás vítimas do accidente ferroviario do 24 de xullo. O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidirá a cerimonia, á que tamén asistirán outros membros da Corporación. A continuación celebrarase un magosto organizado pola Asociación de Veciños da parroquia, coa colaboración do grupo de gaitas e pandereteiras da Colexiata de Sar.

DEPORTES

Nace o Club Atletismo Santiago para dar continuidade aos atletas novos da cidade

29/11/2013

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o Club Atletismo Santiago, unha entidade que nace co obxectivo de acoller a aqueles atletas dunha franxa de idade entre os 15 e os 22 anos para que sigan practicando este deporte. Non obstante, o club xorde pretende fomentar a práctica do atletismo en xeral.

TURISMO

Turismo de Santiago estrea logo

29/11/2013

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou o novo logo de Turismo de Santiago. Trátase dunha imaxe composta de tres elementos. O central e máis destacado é o propio nome da cidade, Santiago de Compostela. O segundo, na parte superior, un esbozo da Catedral vista dende a Alameda, cunha perspectiva máis ampla que a imaxe tradicional dende o Obradoiro. O terceiro elemento, na parte inferior, é Turismo, que sirve para situar a empresa municipal como a entidade encargada da promoción turística da cidade.

COMERCIO

O Concello pon en marcha a campaña de dinamización comercial "Amor de barrio"

29/11/2013

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada da técnico de Comercio Lucía Castro, presentou a campaña de dinamización comercial Amor de barrio, que se desenvolverá no mes de decembro dentro do Urbana Santiago Norte, programa cofinanciado pola Unión Europea con cargo ao Fondo europeo de Desenvolvemento Rexional.

Compartir: