COMERCIO
O pequeno comercio desfila na Cidade da Cultura
Vinte e sete comercios participaron na Cidade da Cultura no desfile "Sensación-all Compostela 13. O teu comercio está de moda", ao que asistiu a concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, e o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, entre outras autoridades.
EDUCACIÓN
Os pequenos das escolas infantís municipais obtiveron o seu carné de boas prácticas de educación viaria
Coincidindo coa clausura do curso escolar, a Concellería de Educación quixo facer partícipes ao alumnado das escolas infantís municipais e ás súas familias dunha xornada práctica de educación viaria na Escola Infantil Municipal de Meixonfrío-Salgueiriños. A concelleira de Educación, María Castelao, participou na actividade.
DEPORTES
Preto de 70 deportistas e adestradores composteláns participan na X Edición dos Xogos do Eixo Atlántico
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou en rolda de prensa a equipación que lucirán os participantes nas competicións deportivas de fútbol, baloncesto, voleibol, natación e atletismo. Os xogos desenvolveranse do 30 de xuño ao 4 de xullo na cidade portuguesa de Guimaraes.
DEPORTES
O partido do Compos polo ascenso poderá verse nunha pantalla xigante na Sala Capitol
A Concellería de Deportes colabora desta forma co club nun día tan importante para a entidade compostelá.
DEPORTES
O pavillón de Santa Isabel acolle este sábado a gala de patinaxe do Club Campus Stellae
Máis de cen patinadores e patinadoras participarán este sábado na cuarta Gala Stellae, que organiza o Club de patinaxe artística Campus Stellae en colaboración co Concello de Santiago. O edil de Deportes, Adrián Varela, animou a todos os composteláns a gozar do espectáculo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as actividades do programa Vive o Verán 2013 dos centros socioculturais
O programa Vive o Verán, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais, desenvolve nos próximos días un intenso calendario de actividades que se prolongarán durante todo o mes de xullo.
URBANISMO
Este luns comezan as obras de remodelación da rúa de San Pedro
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta en rolda de prensa do estado das actuacións da súa Concellería e salientou o comezo da reurbanización de San Pedro, o luns 1 de xullo, o mesmo día que arrancan tamén as obras de reparación de beirarrúas no Ensanche.
TURISMO
Turismo de Santiago participa nun encontro con touroperadores británicos
Lavacolla conta cunha frecuncia diaria con Londres, grazas as conexións de Ryanair e Easyjet coa capital británica.
ALCALDÍA
A Comisión Executiva do Consorcio dá luz verde a dous novos proxectos de conservación de monumentos
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presidiu a Comisión Executiva do ente interadministrativo.
TURISMO
Unha aplicación informática recupera a vella muralla de Santiago de Compostela
O Consorcio e o Concello de Santiago promoven un proxecto para a recuperación da memoria histórica e da pegada física da muralla da cidade.