FESTAS
Aberto o prazo de inscrición no desfile-concurso do martes de Entroido
Xa está aberto o prazo para inscribirse e participar no desfile-concurso do Entroido 2013, que terá lugar o martes 12 de febreiro. Repartiranse 12.200 euros en premios.
PLENO
O Pleno aprobou a modificación puntual do PXOM que permitirá graduar as obras permitidas nos inmobles fóra de ordenación
O Pleno da Corporación abordou na súa sesión ordinaria de xaneiro varios asuntos en materia urbanística, entre os que salientou a aprobación inicial da modificación puntual da normativa urbanística do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aplicable ás situacións fóra de ordenación e o visto bo definitivo ao cambio do Plan especial de protección do patrimonio construído no ámbito coñecido como as Casas de Ramírez. A concelleira de Urbanismo, María Pardo, informara...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello contratará un servizo para realizar as medicións de ruídos
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o expediente para contratar o servizo de medición de ruídos derivados de actividades de carácter comercial, industrial ou de calquera outra fonte de ruído no termo municipal de Santiago. Ademais, abriu o proceso de contratación do servizo de conserxería e limpeza de varias instalacións municipais e prorrogou o contrato de mantemento da sinalización horizontal e vertical.
CULTURA
Cancelado o concerto de Miguel Poveda por indisposición do artista
M Poveda Producciones S. L. informou esta mañá da suspensión do concerto de Miguel Poveda por indisposición do artista. O concerto estaba previsto para este sábado, 2 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, dentro do ciclo Sons’13.
PLENO
Paula Prado formalizou a renuncia como edil
Na sesión ordinaria de xaneiro do Pleno, a concelleira popular Paula Prado formalizou a súa renuncia como edil. Nunha vindeira sesión tomará posesión como novo concelleiro o número 15 pola lista do Partido Popular nas eleccións locais de 2011, Luis Meijide.
URBANISMO
O Concello avanza en prol dunha xestión máis eficiente e sustentable
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta das últimas actuacións postas en marcha polo Goberno municipal para avanzar na consecución dunha xestión máis eficiente e sustentable. Nesa liña está a creación dunha Comisión de Sustentabilidade, os traballos para fixar indicadores cos que medir a execución dos contratos municipais ou a aposta por edificios públicos que conten con selo BREEAM.
CULTURA
Rober Bodegas estrea o seu novo espectáculo, "O umbral da estupidez", no Falabaratos
O humorista Rober Bodegas presenta a estrea absoluta do seu novo espectáculo, O umbral da estupidez, no ciclo Falabaratos. Faino en dúas funcións, o xoves 31 de xaneiro e o venres 1 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas, a 12 euros (9 € no anfiteatro) poden mercarse na billeteira do propio Principal, aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas, ou en Novagaliciabanco (na web entradas.novagaliciabanco.es ou no teléfono 902 434 443).
CONSORCIO
Laraño recupera o campanario da súa igrexa
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou a parroquia de Laraño para observar o resultado das obras realizadas na torre da igrexa. Acompañaron ao rexedor e aos veciños nesta visita a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón, e os concelleiros Luis Bello, Francisco Noya e Juan de la Fuente.
COMERCIO
Segunda xornada de portas abertas na pista de xeo da Alameda para entidades santiaguesas sen ánimo de lucro
O xoves 31 de xaneiro celebraranse a segunda xornada de portas abertas na pista de xeo da Alameda. Nesta ocasión está destinada a entidades sen ánimo de lucro con sede en Santiago de Compostela.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona en FITUR a nova conexión aérea con Estambul na busca de máis mercados interesantes para a cidade
Turismo de Santiago está a participar en FITUR, a principal feira turística de España, que se celebra entre o 30 de xaneiro e o 3 de febreiro en Madrid. Nesta primeira xornada continuouse a promoción da nova conexión entre Santiago e Estambul.