BENESTAR SOCIAL

O Concello reafirma o seu compromiso co labor do Albergue Xoán XXIII

31/10/2013

A concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitou o Albergue Xoán XXIII en compañía do seu director, Francisco Castro, co que falou dos programas que subvenciona o Concello e das necesidades actuais do centro, que nos últimos anos veu incrementado de forma significativa o seu número de usuarios.

XUNTA DE GOBERNO

Viso contará ao fin con beirarrúas

31/10/2013

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, adxudicou dúas actuacións do programa municipal de obras en zona urbana e suburbana, en Viso e en San Xoán de Afora-Romaño. Tamén se deu o visto bo á modificación dos modelos de comunicación e solicitude de licenza para usos e obras.

CULTURA

Under’18 presenta a Auryn, Xuso Jones, Critika&Saik e Sweet California na Capitol

31/10/2013

Chega de novo á cidade Coca-Cola Music Experiencie Under’18, enmarcado dentro do ciclo Compostela Rock. Será este venres 1 de novembro, na Sala Capitol, cando poderemos escoitar a Auryn, Xuso Jones, Critika&Saik e Sweet California. As entradas, a 16 euros máis gastos, poden mercarse na rede Ticketmaster e na billeteira do Teatro Principa,l que está aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúa Compostela Cine Classics 2013 con outra proxección e cun novo concerto

30/10/2013

Esta semana, como consecuencia da festividade de Todos os Santos, adiántase a proxección do programa Compostela Cine Classics a este xoves 31 de outubro, ás 20:30 horas, na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. Desta vez poderase ver o filme O ladrón de bicicletas (1948), de Vittorio de Sica.

BENESTAR SOCIAL

Área Central acolle a segunda edición do Campionato Galego de Breakdance

30/10/2013

A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presentou as Santiago Street Battles. Este é o nome que recibe o II Campionato Galego de Breakdande na modalidade 1 vs 1, que terá lugar o sábado 2 de novembro, de 16:00 a 21:00 horas, en Área Central. O evento, organizado polo Concello e Vella Escola, reunirá a competidores de diferentes puntos de Galicia e, nesta segunda edición aspira xa a converterse nun referente a nivel nacional.

CEMITERIOS

Reforzo dos servizos en Boisaca con motivo de Todos os Santos e Defuntos

30/10/2013

A concelleira responsable de Sanidade e Cemiterios, María Pardo, visitou o cemiterio de Boisaca para inspeccionar o seu estado antes da celebración das festividades de Todos os Santos e Defuntos, xornadas de grande afluencia de persoas. Nestas dúas datas reforzarase o servizo de transporte urbano na liña 1, que vai ata o camposanto, así como os servizos de abastecemento e saneamento, alumeado público, conservación de zonas verdes, recollida do lixo e mantemento de infraestruturas e do propio cemiterio.

ALCALDÍA

San Martiño Pinario estrea iluminación

30/10/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu ao acto de inauguración da nova iluminación da igrexa, do museo e do claustro da igrexa de San Martiño Pinario.

Compartir: