XUNTA DE GOBERNO
Concello e Cámara de Comercio porán en marcha un Programa de Apoio ao Emprego
A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, aprobou a sinatura dun convenio coa Cámara de Comercio, para desenvolver o Programa Local de Apoio ao Emprego. Este plan inclúe accións formativas e de orientación laboral, incentivos á contratación e a celebración dunha feira do emprego.
XUNTA DE GOBERNO
O alcalde anuncia que Santiago volverá a ser sede de Womex en 2016
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno da encomenda á empresa municipal Información e Comunicación Local, S.A. (Incolsa) da contratación doutra edición do evento Womex, que se celebrará en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro de 2016.
FACENDA
O Concello destinará o superávit do orzamento de 2014 a un contrato de pavimentación das vías públicas e a novos proxectos comerciais, turísticos e culturais
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o concelleiro de Facenda, Ramón Quiroga, deron conta da aprobación pola Xunta de Goberno da liquidación do orzamento do exercicio 2014, que reflicte un superávit de case 1,9 millóns de euros. Esta cantidade, sumada ao aforro de 1,2 millóns de euros polo refinanciamento do crédito ICO solicitado en 2012 e ás baixas nas adxudicacións dalgúns proxectos, permitirá habilitar un crédito de 3,1 millón de euros, parte do cal se destinará a un novo...
SERVIZOS SOCIAIS
O proxecto fotográfico "Causas comúns" chega a Santiago de Compostela
Esta mañá, tras a Asemblea na que se presentou o plan de actividades do Fondo Galego para 2015, a sede da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) acolleu a presentación do proxecto fotográfico Causas comúns, a prol dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa, que tras unha primeira fase en Guinea Bissau, chega a Galicia. O secretario executivo da Plataforma de ONGD da rexión de Bafatá, Boubakar Djalo, o fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón e a traballadora social Rocío...
CULTURA
Projecto Alba e a Real Filharmonía de Galicia na xornada do mércores do Festival de Músicas Contemplativas
Dentro do Festival de Músicas Contemplativas, na xornada do mércores poderemos escoitar ao Projecto Alba e á Real Filharmonía de Galicia. Os primeiros presentan o programa Para lá do Fado… de Coimbra a Fisterra, ás 19:00 horas, na Igrexa da Universidade, na súa primeira incursión en terras galegas. E ás 21:00 horas, no Convento do Carme de Arriba, a Real Filharmonía de Galicia ofrece as cantatas para alto de Bach dirixida por Maximino Zumalave e coa mezzosoprano Marta Infante. Ambos concertos serán con...
ALCALDÍA
Instituído o 1 de abril como Día das Artes Galegas en homenaxe ao Mestre Mateo
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no acto de presentación do Día das Artes Galegas. Esta data de homenaxe quedará fixada dende este ano 2015 para o 1 de abril, en honor ao Mestre Mateo.
CULTURA
Visitas guiadas e talleres no Auditorio
Ata o mes de xuño de 2015 pode verse no Auditorio de Galicia a mostra Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns', que nos achega a unha parte da extensa produción de Leopoldo Nóvoa, un creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes. A liña de traballo que propón a comisaria, Mercedes Rozas, pasa por traer á sala diferentes obras en papel e cartón (probas de autor, gravados, pochoirs, técnicas mixtas sobre papel etc..) moitas delas inéditas e reunidas para a que é a primeira...
EDUCACIÓN
Comeza no CEIP As Fontiñas o Programa Municipal de Conciliación da Semana Santa
Este luns comezaron as actividades do Programa de Conciliación Laboral e Familiar para a Semana Santa 2015 no CEIP As Fontiñas, organizado polo Departamento de Educación. A súa titular, Maite Cancelo, visitou o centro nesta primeira xornada.
ALCALDÍA
Hernández destaca o inicio dun "camiño sen volta atrás" para que Santiago conte cunha estación intermodal "proporcionada e axeitada" para a chegada da alta velocidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presentou a primeira fase da adaptación da estación de ferrocarril aos novo servizos da alta velocidade. No día no que se realiza a primeira viaxe en probas da liña de alta velocidade do Eixo Atlántico, Hernández salientou que, grazas a esta primeira fase da adaptación – cun investimento previsto entre 15 e 20 millóns de euros- se inicia "un camiño sen volta atrás" que permitirá a Santiago de Compostela contar cunha infraestrutura "proporcionada e...
ALCALDÍA
Agustín Hernández: "Fomentar o turismo gastronómico é fomentar a internacionalización do sector turístico"
O alcalde clausurou no Hotel Quinta da Auga o Foro Turismo Gastronómico, organizado por El Correo Gallego. Neste ámbito, Agustín Hernández puido reiterar a aposta municipal pola "gastronomía como atractivo turístico, dentro da estratexia de internacionalización constante da demanda turística da cidade".