DEPORTES

Sábado de loita olímpica e rugby no calendario deportivo da fin de semana

28/02/2015

Santiago ten esta fin de semana un intenso programa deportivo. Ao habitual calendario competitivo sumouse este sábado o Campionato Galego de Loitas Olímpicas na categoría júnior e unha concentración das escolas galegas de rugby. A concelleira de Deportes, María Corral, achegouse a ambas citas.

EDUCACIÓN

Inícianse as viaxes de escolares da "Aula de Patrimonio", o programa pedagóxico das Cidades Patrimonio de España

28/02/2015

Este luns, 2 de marzo, o Colegio Misioneras da Providencia de Salamanca e o CEIP Virgen de Guadalupe de Úbeda inauguran a segunda edición do programa educativo Aula de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, cunha viaxe de tres días de duración a Santiago de Compostela e a Alcalá de Henares, cidades nas que serán acollidos polo CEIP Raíña Fabiola e polo CC Sagrado Corazón de Jesús (Filipenses), respectivamente. Inícianse así as 15 viaxes de intercambio entre os alumnos que participan...

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Final da fase comarcal do IV Club de Debate, no que participan 8 equipos e 68 estudantes

27/02/2015

O Concello de Santiago participa un ano máis no Club de Debate, que nesta edición ten como sede da fase comarcal a Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames). Esta final comarcal desenvólvese ao longo da xornada deste venres, coa participación 68 estudantes (de 4º de ESO e 1º de Bacharelato) e 6 profesores de institutos Santiago, Ames, Rois e Padrón. Os dous equipos gañadores desta xornada pasarán á final galega que se celebrará no Pazo da Cultura de Carballo o domingo 26 de abril.

XUNTA DE GOBERNO

Santiago segue avanzando como Smart City co novo acceso aos datos das obras a través dos móbiles e con máis medidas de optimización do alumeado público

27/02/2015

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria desta semana, aprobou dúas iniciativas que supoñen un avance na aplicación da estratexia de Cidade Intelixente (Smart City) en Santiago de Compostela. Trátase do novo modelo de cartel corporativo, cun código QR que permitirá consultar todos os datos das obras, e dun convenio con Ferrovial Servicios para por en marcha novos modelos de optimización enerxética.

XUNTA DE GOBERNO

O Concello cede unha parcela de máis de dúas hectáreas para o Bosque de Galicia

27/02/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno dun protocolo de colaboración a subscribir coa Fundación Cidade da Cultura para a execución do Bosque de Galicia, "que vai converter as ladeiras do monte Gaiás nun dos pulmóns verdes de maior extensión do concello e nun espazo de recreo e de lecer para a cidadanía compostelá".

XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas tres novas iniciativas para a promoción da lingua galega

27/02/2015

O Goberno local deu o visto bo a tres novas iniciativas para a promoción da lingua galega. Trátase do proxecto Apego e da convocatoria dos concursos de proxectos publicitarios e de vídeo-creación en centros de ensino. Estas tres accións, en palabras do alcalde, Agustín Hernández, teñen en común "a promoción, defensa e divulgación do idioma galego entre a poboación e, de forma moi especial, entre a infancia e a mocidade, para tratar de contribuír a elevar os índices de autoestima e...

XUNTA DE GOBERNO

O obradoiro "Ecotur Xuvenil" dará emprego a 45 mozos e mozas durante seis meses e permitirá acondicionar os sendeiros de Galeras e Ponte Albar e das Brañas do Sar

27/02/2015

A Xunta de Goberno aprobou o novo proxecto de obradoiro de emprego Ecotur Xuvenil, que contempla o acondicionamento dos sendeiros de Galeras a Ponte Albar (Rota dos Ríos) e das Brañas de Sar. Estas actuacións incluirán traballos de roza, saneamento, drenaxe, conducións de regueiros en pedra, lousado e restauración de elementos patrimoniais e da arquitectura popular.

CULTURA

Marta Mathéu e Lluís Sintes, protagonistas da Gala Lírica da Banda Municipal de Música

27/02/2015

A Banda Municipal de Música ofrece este domingo 1 de marzo, ás 12:00 horas, no Teatro principal unha Gala Lírica que leva por título Voces de Zarzuela. A Banda réndelle así unha homenaxe ao xénero chico cun concerto no que contarán coa soprano Marta Mathéu e co barítono Lluís Sintes, ambos profesionais de traxectoria brillante e recoñecida internacionalmente. O concerto estará dirixido polo director titular da Banda, Juan Miguel Romero Llopis.

Compartir: