XUNTA DE GOBERNO
Continúan as obras no barrio de Vista Alegre coa cesión a outra construtora
A Xunta de Goberno acordou autorizar a cesión do contrato de execución das obras de Mellora de mobilidade e accesibilidade no barrio de Vista Alegre, fase 1", formalizado coa empresa Ponciano Nieto, a favor da entidade Eulogio Viñal.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno non admite un recurso contra o derrubo da Casa da Xuventude
A Xunta de Goberno acordou non admitir o recurso presentado o 31 de decembro pola Plataforma Cidadá "Defender o Público - Salvemos a Casa da Xuventude", fundamentándose nos informes da Asesoría Xurídica e dos departamentos de Contratación e Servizos Comunitarios e de Desenvolvemento Urbano Sostible, motivado na carencia de lexitimación activa para a interposición do recurso e na improcedencia dun recurso administrativo contra unha disposición de carácter xeral, como é o acordo plenario adoptado por...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello aproba a licenza para a ampliación do Colexio Monte dos Postes
A Xunta de Goberno aprobou a licenza que permitirá construír unha edificación anexa ao CEIP Monte dos Postes para a súa ampliación, cunha superficie de 538 metros cadrados e un orzamento de 390.000 euros. Dáse así resposta a unha vella reivindicación da comunidade escolar. Na mesma sesión procedeuse á adxudicación das hortas de Belvís.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Dezaseis viaxes e 1.200 prazas nunha nova edición do programa "Imos de excursión"
O programa Imos de excursión alcanza unha nova edición, desta vez cun total de 16 viaxes: oito dun día e outras oito de varios días, cun total de 1.200 prazas ofertadas. A concelleira de Centros Socioculturais, María Antón, presentou o calendario de excursións, que comezará o domingo 8 de marzo cunha viaxe a Asturias.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
"Imos ao baile" propón 27 sesións con orquestra en 14 localizacións para este 2015
A concelleira de Centros Socioculturais, María Antón, e o concelleiro de Relacións Veciñais, José Rosende, presentaron unha nova edición do programa Imos ó baile. O calendario deste ano 2015 inclúe 27 bailes en 14 localizacións diferentes. Estímase a participación dunhas 3.000 persoas.
EDUCACIÓN
As escolas infantís municipais celebraron o Día Escolar da Non Violencia e da Paz
A Escola Infantil Municipal de Meixonfrío-Salgueiriños acolleu a xornada de celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, no que participaron 150 nenos e nenas, acompañados dos seus profesores e profesoras, así como as familias que o desexaron. A actividade contou coa presenza da Concelleira de Educación, Maite Cancelo.
PLENO
O plan especial de protección do parque arqueolóxico da Rocha permitirá a posta en valor deste xacemento
A Corporación municipal aprobou definitivamente e por unanimidade o plan especial de protección e acondicionamento do parque arqueolóxico da Rocha (PE-7R). Este documento, formulado polo Consorcio de Santiago, ten como obxectivo a recuperación e posta en valor dos restos do castelo e dos elementos asociados, coa creación dun parque arqueolóxico no que se permita a observación, análise e estudo dos devanditos bens culturais.
PLENO
O Pleno municipal aproba o protocolo entre o Concello e a USC que fixa as condicións de modificación da ordenanza reguladora do vello hospital provincial
Na sesión ordinaria de xaneiro, o Pleno da Corporación aprobou o protocolo entre o Concello e a Universidade de Santiago que fixa as condicións de modificación da ordenanza OE-5, a redactar polo Concello en base ás propostas acordadas coa USC para xestionar o alleamento da parcela de titularidade universitaria do vello hospital provincial.
PLENO
O Concello adiantarase ao cumprimento dos requisitos da Lei de Transparencia
O Pleno da Corporación adoptou o compromiso do Concello de Santiago de Compostela para cumprir os requisitos marcados pola Lei de Transparencia o 1 de xullo de 2015, adiantándose así á data de entrada en vigor marcada pola citada norma.
CULTURA
Teatro, jazz, maxia e clown na programación cultural da fin de semana
A programación cultural para esta fin de semana presenta catro eventos distintos que nos ofrecen jazz, teatro, maxia e clown. Na xornada do sábado teremos concerto de Roberto Somoza Trío, que presenta dous discos dentro do Sons’15 Jazz, no Principal ás 20:30 horas. Ademais, Elefante Elegante presenta á mesma hora, pero no Salón Teatro, Kassa, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Xa o domingo comezamos ás 18:00 h coa maxia e o clown de Un Ramón de Mandarinas no Teatro Principal, dentro do ciclo Infantil.../em>