TRASLACIÓN

O alcalde de Santiago pide a axuda do Apóstolo "para que os que temos a responsabilidade de gobernar o fagamos atendendo antes a quen máis o necesita"

30/12/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, actuou esta mañá como delegado rexio na Cerimonia da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo, a quen solicitou axuda para abordar os principais problemas que preocupan á sociedade e pediu para "os que temos a responsabilidade de gobernar" a especial intercesión de Santiago, "para que o fagamos sempre co tino e coa sensibilidade necesaria para atender antes a quen máis o necesita".

NADAL

A pista de xeo será de balde mañá, 31 de decembro

30/12/2014

Estará aberta en horario de 10.00 a 19.30 horas de xeito ininterrumpido. É a segunda xornada na que a pista abre as súas portas de xeito gratuíto para todo o mundo, tralo 24 de decembro.

CULTURA

Catro bandas galegas no avance do Sons’Jazz 2015

30/12/2014

O avance do ciclo Sons’Jazz 15 ofrece en concerto a catro bandas galegas no mes de xaneiro. Catro bandas galegas que contan coa colaboración de artistas internacionais e que presentan catro discos novos o que vén a confirmar a boa saúde da que goza o jazz no noso país. Todos os concertos serán no mes de xaneiro no Teatro Principal.

CULTURA

O Concello e Agadic presentan o Bono de Teatro Galego (e portugués) para o 2015

29/12/2014

Repiten iniciativa tras o éxito obtido neste ano 2014, con máis de 9000 entradas vendidas, onde por vez primeira se puxo á venda este bono conxunto con toda a oferta teatral galega dos dous principais espazos escénicos da cidade: o Teatro Principal e o Salón Teatro, aos que se engade a oferta escénica máis alternativa da Zona C. O bono, que se pode mercar no Principal e no Salón Teatro, permitirá asistir a 5 funcións a escoller por un prezo de 35€ (excepcionalmente algunha representación pode requirir un suplemento).

COMERCIO

O alcalde entregou os premios aos gañadores do Concurso de Beléns

29/12/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, entregou esta mañá os premios aos gañadores do Concurso de Beléns e de Ambientación de Nadal, que este ano celebrou a súa cuarta edición, nas categorías de beléns individuais, colectivos e de comercios.

Compartir: