BENESTAR SOCIAL
As instalacións deportivas de Santiago serán accesibles ás persoas con autismo
Con motivo da celebración do Día Mundial de Concienciación do Autismo, a Federación Autismo Galicia presentou a súa colaboración co Concello de Santiago que permitirá que as instalacións deportivas da cidade sexan accesibles para as persoas con autismo e outros colectivos con dificultades na comunicación como persoas con discapacidade psíquica, visual, dificultades na linguaxe ou persoas maiores. Ao acto asistiron os concelleiros de Benestar Social, María Castelao, e de Deportes, Adrián Varela.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O remodelado Parque de San Roque homenaxea á ciencia galega
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, presentou a remodelación do parque de San Roque en rolda de prensa, un novo equipamento que ademais servirá para lembrar a destacados científicos galegos. Pola tarde abriuse ao público coa visita do alcalde e a propia edil.
MOBILIDADE
A Policía local pon en marcha esta semana unha campaña de control da velocidade en vías urbanas
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, anunciou que esta semana a Policía Local realizará controis de velocidade de vehículos nas estradas de Santiago, sumándose así á campaña posta en marcha pola Dirección Xeral de Tráfico.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúa o percorrido polos centros socioculturais da exposición do Ateneo sobre Compostela
O Centro sociocultural das Fontiñas acolle desde o día 2 ata o 28 de abril a exposición fotográfica "Compostela Única", que xa leva percorridos tres centros socioculturais de Santiago, desde que en xaneiro comezara a itinerancia no Local Sociocultural da Rocha.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
O Conto viaxeiro comeza a semana cos rapaces do Raíña Fabiola
A concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, comprobou como os máis pequenos seguen a traballar na construción dunha historia colectiva na que se pon en valor o patrimonio natural e cultural do uso da lingua galega.
TURISMO
Área Santiago avanza no seu Plan de Acción 2014
Os Plenos municipais aprobarán nas vindeiras semanas a adhesión ao grupo, paso previo para a súa constitución como entidade con personalidade xurídica propia.
ALCALDIA
O alcalde asiste á clausura dos actos do Camiño de Santiago en Uclés
O alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás, asistiu como representante da cidade ós actos de clausura do Camiño de Santiago en Uclés, que tiveron lugar na tarde noite de onte, venres, no salón de actos do Pazo Arzobispal desta localidade.
COMERCIO
Reyes Leis exponlles aos comerciantes os proxectos da Concellería
Na xuntanza que mantiveron abordáronse asuntos como a convocatoria de subvencións de actividades de promoción e dinamización comercial, o proxecto de locais baleiros e o programa Estrea estilo. Á reunión asistiu a concelleira de Comercio, Reyes Leis; a técnica municipal Lucía Castro, e representantes das distintas asociacións comerciais da cidade.
SERVICIOS SOCIAIS
María Castelao asistiu á xornada "O Traballo Social en situacións de crise, emerxencia ou catástrofe"
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia organizou este evento co obxetivo de facer visible a necesidade de contar con profesionais do Traballo Social na atención de situacións de crise, emerxencia ou catástrofe. Estas cada día son máis frecuentes e a maioría acontecen dun xeito súbito e repentino, e por tanto, requiren dunha intervención especializada.
TURISMO
Turismo de Santiago patrocina o programa gastronómico Santiago Paixón
Celebrarase entre o 11 e o 21 de abril en varios establecementos da cidade. Entre os clientes dos restaurantes participantes sortearase a posibilidade de vivir unha procesión por dentro, coma un membro máis dunha confraría.