CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúa a itinerancia da exposición fotográfica do Ateneo de Santiago "Compostela única, un retrato en imaxes anteriores a 1965"
O Centro sociocultural O Ensanche acolle dende hoxe ata o 16 de maio a exposición fotográfica Compostela Única que xa leva percorridos catro centros socioculturais de Santiago, desde que en xaneiro comezara a itinerancia no Local Sociocultural da Rocha.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Cita co programa Imos ao Baile 2014 o sábado 3 de maio
Comeza o mes de maio cunha nova cita co programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polas Concellarías de centros socioculturais e de participación cidadá
COMERCIO
38 comercios de Santiago participarán en Estrea Estilo!
A iniciativa de dinamización comercial do Concello de Santiago de Compostela contará con múltiples actividades para todas as idades na xornada gratuita que se celebrará o vindeiro domingo 11 de maio no Pazo de San Lourenzo.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
Normalización Lingüística celebra as Letras Galegas con múltiples actividades para o público infantil
A concelleira Rebeca Domínguez presentou en rolda de prensa o programa que o seu departamento preparou para a infancia e mocidade de Compostela con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Xosé María Díaz Castro.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destinará 300.000 euros á reparación e mantemento dos pavimentos e viais do termo municipal
A Xunta de Goberno Local aprobou o inicio do expediente para a contratación do servicio de mantemento e reparación dos viais no termo municipal, deu luz verde ao proxecto de reurbanización da rúa Carretas así como ás axudas para o movemento asociativo de mulleres.
EDUCACIÓN
Exposición pública de prazas vacantes na Escola Municipal de Música para o curso 2014-2015 e apertura do prazos de preinscrición do novo alumnado
Finalizado os prazos de renovación de praza do alumnado actual da Escola Municipal de Música para o curso 2014-2015, procédese á publicación das prazas vacantes e a apertura dos prazos de preinscrición para o novo alumnado.
ALCALDÍA
Santiago vestirase de ópera do 5 ao 10 de maio
O Hotel Eurostars Araguaney de Santiago de Compostela albergou onte a presentación da programación cultural que a Asociación Amigos da ópera de Compostela ofecerá do 5 ao 10 de Maio na cidade compostelá.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O novo contrato de mantemento das zonas verdes permitirá renovar as 93 rotondas da cidade
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, deu conta en rolda de prensa doutra das melloras que executará a empresa concesionaria do contrato de mantemento das zonas verdes da cidade, Cespa. Neste caso será a renovación das rotondas da cidade cun investimento de 502.721 euros.
FESTAS
Vintage Trouble, revelación internacional do momento, ofrecerá o seu primeiro concerto en España nas Festas do Apóstolo
Os norteamericanos arrasan polos escenarios de medio mundo e están considerados unha das bandas de referencia obrigada no actual panorama internacional. Chegan a Compostela precedidos dun incrible éxito de público e crítica e logo de pasar polos mellores festivais do mundo (SXSW, Glastonbury, Coachella, Rock in Rio,...). Foron escollidos por The Rolling Stones e The Who para abrir e acompañalos, respectivamente, nas súas xiras mundiais e teñen compartido escenario con Lenny Kravitz, Neil Young, Joss Stone, The Cranberries ou Bon Jovi, entre...
ALCALDÍA
Santiago acolle o congreso" Innovación tecnolóxica como clave de futuro"
O Palacio de Congresos acolleu esta tarde o acto de presentación da innovadora aposta tecnolóxica que os xestores do recinto estiveron desenvolvendo nos últimos meses para a súa modernización. O acto estivo presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis.