FESTAS

Música e fogos artificiais para despedir outra edición das Festas do Apóstolo

31/07/2014

As Festas do Apóstolo pecháronse, como é xa habitual, cos fogos fin de festa no Campus Sur. No aspecto musical, as celebracións concluíron coas propostas da Charanga Mekánika en Praterías, de La Maravillosa Orquesta del Alcohol no Atardecer no Gaiás, de Juan Perro & La Zarabanda na Quintana e a orquestra Olympus na praza do Obradoiro.

XUNTA DE GOBERNO

Agustín Hernández transmitiralle ao secretario de Estado de Medio Ambiente a necesidade de axilizar a tramitación das melloras da EDAR

31/07/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, deu conta da aprobación pola Xunta de Goberno do convenio a subscribir pola Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, o Concello de Santiago e a Sociedade Estatal Augas das Concas de España para a execución e explotación das obras de mellora da EDAR da Silvouta. Sobre esta materia, falará mañá venres co secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos, nunha reunión en Madrid.

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local aproba obras en rúas da cidade por importe de 2,3 millóns de euros

31/07/2014

O alcalde e voceiro da Xunta de Goberno, Agustín Hernández, fixo un repaso en rolda de prensa dos asuntos tratados na sesión ordinaria deste mércores, entre os que figurou a licitación da segunda fase das obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade en Vista Alegre, o inicio da contratación das obras de reurbanización da rúa Carretas e a aprobación dun convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a mellora da rúa Carreira do Conde. En total, estas tres actuacións suman un...

Compartir: