CULTURA
WOS INC encherá Compostela de actividades culturais do 12 ao 14 de setembro
O próximo 12 de setembro inaugúrase en Santiago WOS INC, a primeira incubadora de ideas galega. Unha iniciativa da produtora compostelá Work on Sunday, en colaboración con diferentes axentes culturais galegos, que nace amparada polo ciclo Compostela Rock, organizado pola Concellería de Cultura. Máis de 30 espectáculos e eventos nun fin de semana, tres dias de actividades, que encherán Compostela de música, arte e cultura.
CULTURA
Novas datas das actuacións aprazadas polo mal tempo do programa Verán na rúa.
Debido a mal tempo as actuacións do luns e do martes do programa Verán na rúa foron aprazadas para a próxima semana. Mércores 3 e xoves 4 de setembro ás 19.30 h na praza de San Martiño Pinario. Entrada libre
XUNTA DE GOBERNO
Un investimento de 650.000 permitirá comezar coa renovación completa da avenida Quiroga Palacios antes de rematar o ano
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, informou hoxe en rolda de prensa da aprobación do expediente de contratación das obras de renovación da totalidade da Avenida Quiroga Palacios, dende a Avda. de Lugo ata a rúa de Belvis, nas inmediacións do Seminario Menor. Tamén anunciou que se vai renovar a instalación de iluminación pública da zona alta do barrio da Almáciga, concretamente nas rúas de Touro, Carballo, A Pastoriza e Travesa da Pastoriza.
Xunta de Goberno
O Concello completa o servizo de roza e limpeza de vieiros municipais con traballos para a prevención de incendios
A Xunta de Goberno Local ven de aprobar tamén a adxudicación do servizo de prevención de incendios forestais mediante a realización de tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais do termo municipal por un importe de 41.140,00 €, dos que o Concello achega 25.918,20 euros e o resto vai con cargo aos fondos FEADER europeos.
ALCALDÍA
O Concello destina máis de 300.000 euros a acondicionar os centros escolares durante o verán para o inicio do curso 2014-2015
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado pola concelleira de Educación, María José Corral, visitou esta mañá tres dos centros escolares incluídos no plan de obras do verán que está a executar a Concellería de Educación: CEIP Vite, CEIP Lamas de Abade e Escola Infantil de Conxo. Este programa de traballos e outras tres obras complementarias suporán un investimento de máis de 300.000 euros.
CULTURA
"Peor imposible", o novo espectáculo de Peter Punk, en Verán na Rúa
O programa Verán na rúa vive as súas últimas xornadas. Este venres 29 de agosto chega Peter Punk, co seu novo espectáculo, Peor imposible. Será ás 19.30 horas na praza de San Martiño Pinario, con entrada libre. Aínda quedan por recuperar a vindeira semana os dous espectáculos suspendidos polo mal tempo. As datas anunciaranse mañá venres.
ALCALDÍA
Acondicionado un tramo de catro quilómetros das marxes do río Sarela
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, percorreu un tramo do sendeiro que percorre as marxes do río Sarela para comprobar as últimas actuacións de acondicionamento realizadas. Executáronse rozas nuns catro quilómetros do sendeiro, entre o vello curtidoiro da Pontepedriña de Arriba (O Avío-Romaño) e a Ponte Vella de Vidán. Estes labores serán complementados con outros de mellora dalgunha pasarela e dos camiños de zahorra.
CULTURA
Rudi Dudi, risas aseguradas nunha nova xornada de Verán na Rúa
Rudi Dudi volve a ter unha cita co público de Santiago de Compostela dentro do programa Verán na Rúa. Será este xoves 28 de agosto, ás 19:30 horas, na praza da Quintana, con entrada libre.
ALCALDÍA
Agustín Hernández reuniuse en Raxoi coa Asociación de Veciños Amigos de San Pedro
O alcalde compostelán mantivo unha reunión no Pazo de Raxoi cos representantes da Asociación de Veciños Amigos de San Pedro. Estes explicáronlle de primeira man a Agustín Hernández as principais problemáticas que afectan ao barrio e as súas propostas de mellora para o mesmo.
ALCALDÍA
O alcalde anuncia a licitación das obras de mellora da EDAR da Silvouta
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou que a Sociedade Estatal Augas das Concas de España (AcuaES) vai publicar no seu perfil do contratante a licitación das obras de mellora da estación de depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta. Ata o 1 de outubro estará aberta a presentación de ofertas, continuando así un procedemento que permitirá adxudicar as obras e inicialas neste ano 2014.