ALCALDÍA
O alcalde felicita unha veciña de Fontiñas con motivo do seu 100 aniversario
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, felicitou a Dorinda Pedreira Santiso, veciña de Santiago, con motivo do seu 100 aniversario O rexedor compostelán visitou á Dorinda no seu domicilio, no barrio de Fontiñas.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba as obras complementarias que permitirán por en marcha o catalizador cultural de Belvís
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de actuacións previas á posta en funcionamento do catalizador cultural de Belvís. Segundo explicou o alcalde, Agustín Hernández, construirase unha plataforma de 40 metros cadrados na fachada norte, que funcionará como terraza elevada a xeito de miradoiro sobre o parque, á altura do forxado da planta alta.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello reparte 200.000 euros entre 49 clubs deportivos federados
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno da relación de contías e dos clubs beneficiarios das subvencións para o fomento do deporte federado no ano 2014. Repartiranse 200.000 euros entre 49 clubs ou asociacións deportivas. (Xúntase listaxe).
XUNTA DE GOBERNO
Autorizadas as obras de adaptación dunha parcela preto do CHUS para o seu uso provisional como estacionamento
A Xunta de Goberno autorizou as obras de adaptación dunha parcela na rúa Chouchiños, preto do Complexo Hospitalario Universitario, para que poida ser habilitada como estacionamento provisional ao aire libre. Terá 46 prazas de aparcamento.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O CIAC organiza en novembro unha mostra fotográfica, un obradoiro sobre experimentos científicos e un roteiro por Belvís
No mes de novembro, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) acolle a exposición de fotografía Investigarte, no marco da cal organiza o obradoiro para cativos Experimentos científicos moi artísticos. Tamén está previsto o relatorio Os cogomelos nos parques e nos arredores da cidade, dentro do ciclo Biodiversidade na cidade, e un roteiro polo parque de Belvís.
CULTURA
Concerto da Banda Municipal, teatro infantil con Baobab e Falabaratos con Uri Sabat & Daniela Blume esta fin de semana
A programación cultural do Concello para esta fin de semana ofrece un concerto da Banda Municipal de Música, teatro infantil con Baobab Teatro e humor con Uri Sabat & Daniela Blume. Tamén teremos a clausura das Xornadas de Música Contemporánea cun concerto do TAC, Taller Atlántico Contemporáneo.
CULTURA
O Taller Atlántico Contemporáneo clausura as Xornadas de Música Contemporánea
Tras un mes de concertos, as Xornadas de Música Contemporánea chegan este sábado á súa fin. Fano cunha proposta moi especial, Cabaret Contemporáneo, do TAC, Taller Atlántico Contemporáneo. Dirixidos por Diego García Rodríguez, e xunto á soprano Ingrida Gápová, estarán ás 22:00 horas na Sala Capitol.
EDUCACIÓN
O vindeiro martes celebrarase o acto de entrega do VII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados
O acto de entrega do VII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados 2014 celebrarase este martes 4 de novembro, ás 19:00 horas, no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías Santiago. O evento estará presidido polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e contará tamén coa presenza da concelleira de Educación, María Corral, e do director da editorial Kalandraka, Xosé Ballesteros.
PLENO
O período medio de pago a provedores situouse en setembro en menos de 27 días
O Goberno local deu conta ao Pleno do informe do período de pago medio a provedores por parte da Administración municipal correspondente a setembro de 2014, situado neste intre en 26,81 días. Na sesión ordinaria de outubro tamén se aprobou unha bonificación do ICIO á Fundación Catedral e unha reforma da modificación puntual do PXOM no relativo á regulación das situacións fóra de ordenación.
CULTURA
A 28ª edición de Cineuropa exhibirá 227 filmes do 9 ao 30 de novembro
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, xunto coa concelleira de Cultura, María Antón; e o director de Cineuropa, José Luis Losa, presentou en rolda de prensa a 28ª edición de Cineuropa, que se celebra na cidade do 9 ao 30 de novembro. Poderemos ver un total de 227 películas no Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC e Afundación de Abanca. Ademais, tamén se anunciaron os premiados deste ano que estarán en Compostela para recibir o seu galardón: a actriz Bárbara Lennie, o realizador...