CAPITAL CULTURAL
Xosé Carlos Carracedo Porto, gañador da terceira edición do Premio Exeria de creación literaria
A proposta de creación literaria do escritor compostelán Xosé Carlos Carracedo Porto resultou a gañadora da terceira edición do Premio Exeria, co que o autor poderá desenvolver o seu proxecto de novela durante unha estadía dun mes na residencia La Baldi, situada na aldea de Montegiovi (Toscana- Italia), e recibir unha axuda económica de 3.000 euros.
PLENO
O Pleno aproba o destino dos remanentes de 2023 cos que se avanza na creación dun parque de vivenda pública de titularidade municipal en alugueiro
No Pleno extraordinario do Concello de Santiago celebrado esta mañá aprobouse o expediente de crédito extraordinario que permitirá empregar os remanentes para a adquisición de bens inmobles no ámbito do Plan Especial PE-1 para o uso como vivenda pública, actuacións e obras urxentes no ámbito urbano e rural, ou o avance na xestión do ciclo integral da auga. En total, o expediente recolle partidas por un importe total de 6.779.998,82 euros que estará financiado na súa totalidade con remanente líquido de...
CIDADES PATRIMONIO
As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade celebran o seu 30 aniversario coa apertura de monumentos en horario nocturno e múltiples actividades culturais o sábado 14 de setembro
A presidenta do Grupo de Cidades Patrimonio e alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou hoxe a programación de ‘A Noite do Patrimonio, A Nit do Patrimoni, A Noite do Patrimonio’, que definiu como "o maior evento cultural que se celebra de forma simultánea nas 15 cidades Patrimonio Mundial e que constitúe a mellor representación da singularidade dos nosos monumentos, da nosa arte e das nosas tradicións, á vez que proxecta esta diversidade e a riqueza deste legado cultural en todo o mundo". O evento converterase de novo nun...
LINGUA
O Espazo Apego trasládase ao aire libre no mes de agosto co programa 'Contos no parque'
As actividades do Apego saen fóra no mes de agosto cun convite dirixido á cativada para escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 horas no parque de Bonaval. O acceso é aberto e de balde.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba a concesión de subvencións para as asociacións veciñais por máis de 82.000 euros
A Xunta de Goberno deu hoxe luz verde a 29 subvencións por unha contía total de 82.396,32 euros dirixidas a asociacións veciñais da cidade para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral. Na sesión ordinaria desta mañá tamén se aprobou a adxudicación das obras de pavimentación do núcleo interior do lugar de Pedrido (Villestro) á empresa ALCOMTE GALICIA S.L. por un importe total de 171.839,09 euros e dos lugares de Bar de Arriba, Bar de Abaixo e rúa dos Asidros por 266.497,67 euros....
CAPITAL CULTURAL
O Festival C enche o agosto compostelán de actividades para todos os públicos
Danza, poesía, cinema, música, monicreques, contos, circo e performances nunha trintena de propostas de balde que se espallan pola cidade
CIDADES PATRIMONIO
As 15 cidades patrimonio danse cita en Santiago para presentar 'A Noite do Patrimonio' 2024
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España volve poñer en marcha uno dos eventos culturais máis destacados: A NOITE DO PATRIMONIO. A NIT DO PATRIMONI. A NOITE DO PATRIMONIO. As quince cidades ofrecerán o sábado 14 de setembro decenas de eventos de primeiro nivel artístico nun acontecemento simultáneo único en España, que coincide coa celebración do 30 aniversario da creación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. O acto de presentación oficial de toda a programación terá lugar...
ALCALDÍA
Santiago e Padrón renovan a súa unión un ano máis no marco das Festas do Apóstolo
As festas do Apóstolo celebraron este luns o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa.
SERVIZOS BÁSICOS COMUNITARIOS
O Concello de Santiago realizará este verán a última fase de renovación da iluminación pública con tecnoloxía LED
A cidade conta xa con máis de 20.000 luminarias con tecnoloxía LED
CONSORCIO
300.000 persoas visitaron as exposicións organizadas polo Consorcio de Santiago na Casa do Cabido desde a súa apertura
O visitante número 300.000 foi recibido hoxe e agasallado cun lote de publicacións do Consorcio