IGUALDADE

O Concello de Santiago celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBI+

28/06/2024

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto central de celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI+, no que se deu lectura a unha declaración institucional por parte das concelleiras dos diferentes grupos municipais María Rozas (Compostela Aberta), Mercedes Rosón (PSdG PSOE), Míriam Louzao (BNG) e Borja Rubio (PP). A alcaldesa, Goretti Sanmartín, foi a encargada de abrir e pechar o acto que tamén contou coa participación dun grupo de alumnas do IES do Sar.

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A X edición da Maker Faire Galicia celebra mañá a súa primeira xornada en Área Central

28/06/2024

Área Central será mañá o escenario da primeira das tres xornadas independentes nas que se divide a X edición da Maker Faire Galicia. As actividades, que estarán centradas no emprendemento e a innovación social, contan coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica. A responsable do departamento, María Rozas, participará no acto de inauguración, previsto para as 10 horas.

XUVENTUDE

Os grupos do Centro Xove da Almáciga animarán esta tarde as festas do barrio de San Pedro

28/06/2024

As bandas Liskadakí e Las Sinsen, usuarias dos locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga, participarán esta tarde nas festas de San Pedro, organizadas pola Comisión de Festas do Barrio de San Pedro. Con este concerto, que comenzará ás 20.00 horas, a concellaría de Xuventude colabora cos festexos, ao tempo que continúa poñendo en valor o talento mozo e local de Compostela.

EDUCACIÓN

'BIM, BAM, BUM', de María Girón, gaña o XVII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados

28/06/2024

A autora catalá María Girón é a gañadora do XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado cun proxecto titulado 'BIM, BAM, BUM'. A obra 'Voglio andare senza rotelle' de Tobias Giacomazzi alzouse como finalista. Organizado polo Concello de Santiago e a editorial KALANDRAKA, este premio ten unha dotación económica de 9.000 euros e conleva a publicación da obra gañadora en galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués no mes de novembro.

CAPITAL CULTURAL

Aberto desde o 29 de xuño o prazo de solicitude de axudas para as actividades culturais do sector profesional

28/06/2024

A partir de mañá, 29 de xuño, as empresas interesadas contarán con 15 días naturais para presentar as súas solicitudes e optar ás axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional, convocadas polo Concello de Santiago a través da Concellaría de Acción Cultural. Esta convocatoria de subvencións contará cun orzamento de 250.000 euros e incluirá por primeira vez unha modalidade específica para os festivais de música e de artes escénicas.

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O programa "Vive o verán" da rede de Centros Socioculturais toma forza coa chegada do mes de xullo

28/06/2024

A próxima semana, co comezo do mes de xullo, botará a andar a groso das actividades do programa "Vive o verán" nos Centros Socioculturais, con propostas moi diversas que teñen como obxectivo que os veciños e veciñas redescobran o seu propio municipio e que compartan o tempo de lecer do verán. Para iso, nas próximas semanas haberá actividades nos parques, paseos pola cidade, espectáculos ao aire libre, e obradoiros, todas elas actividades de balde.

ALCALDÍA

A alcaldesa Goretti Sanmartín e membros da corporación reciben a tripulación do Handala

28/06/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu este venres a tripulación do barco O Handala da Flotilla da Liberdade nun acto emotivo no que estivo parte da Corporación do Concello de Santiago. No acto estiveron os concelleiros do goberno de BNG e CA Míriam Louzao, Pilar Lueiro e Xan Duro, ademais da concelleira Mercedes Rosón (PSdeG-PSOE).

Compartir: